martes, 3 de abril de 2018

Barreiros interior


Trazado: wikiloc
Concello: Barreiros
Lugares: Remior, Merille, Penabor, A Barranca, Círculo lítico 
Transporte: FEVE .
Distancia: dúas opcións: a liña azul de 14km e a colorada con tres quilómetros mais e a subida a Penabor.
Percorrido: Saímos de Ribadeo no tren das 11:30 con billete de ida e volta a Barreiros (San Cosme)Desde onde iremos pola estrada de Remior, cara ao sur, ao chegar á estrada xeral haberá que camiñar por ela 240 m aproximándonos a San Cosme para entrar á esquerda pola antiga estrada de Ínsua, Rodearemos o lugar de Merille coa súa estructura castrexa e seguimos subindo ata atravesar a autovía e pouco mais adiante ver o indicador ao San Estevo.
Entramos polo camiño , chegamos á capela e visitamos o lugar co seu salto de auga (non en agosto). Pola parte superior do salto vai subindo un sendeiro que chega á estrada de Trabada a altura do punto limpo, imos cara a el e continuamos ascendendo ata o mirador de Penabor.
Comenzamos a vir cara ao leste, rodeamos a canteira e cando teñamos á vista os prados de Remourelle, baixamos por unha pista á esquerda que vai á Barranca, en San Miguel. Pasadas as primeiras casas atopamos unha pista asfaltada que colleremos cara a dereita, atravesamos a estrada que sube a Remourelle  e seguimos,  sempre ao leste,  ata o cambio de concello, que se nota no firme da pista, e tamén por ter uns depósitos de auga. 
Neste punto baixa unha pista sen asfalto que pasa sobre a autovía, nada mais pasar está A Roda, círculo lítico da Idade do Bronce. O camiño segue cruzando a estrada xeral e seguindo ata o apeadoiro de Reinante onde colleremos o tren de volta para estar en Ribadeo ás 18:30.