domingo, 8 de abril de 2018

Cotapos Culmieiros


Concello Castropol
Distancia 12km
Transporte: FEVE
Ruta circular: dous quilómetros por pista forestal, catro por camiño e seis por asfalto. Comezo e final na estación de Castropol
Por detrás da estación de FEVE de Castropol, en San Xoan de Moldes, pasa unha pista. Camiñando por ela, cara ao leste, un quilómetro, desemboca noutra asfaltada, que nada mais atravesala xa vemos que continúa na mesma dirección para ir baixando cara a ponte de Cotapos.
Sen pasala ponte imos ao son do rego 3,5 km e chegamos a un punto que hai que descalzarse para cruzalo e poder continuar. Ou saltalo.



Comenza a subida, xunto ao rego de Pusayane, cara a Culmieiros. Chegamos ao asfalto e continuamos subindo ata sair á estrada que vai de Castropol a Pousadoiro.
Baixamos 5km, con unhas vistas espectaculares, ata o desvío de Riocalente e camiñando por el, regresamos á estación.