mércores, 31 de xullo de 2019

De Mosende a Covas








Trazado: Wikiloc
Concellos: O Vicedo e Viveiro

Transporte: FEVE

Track: Por Xoan Antón Monasterio


Percorrido: O Camiño natural do Cantábrico na costa de Lugo vai de Ribadeo a O Vicedo, en cinco etapas.
Este tramo de 17 km de lonxitude e 500m de desnivel acumulado, pasa por parte da quinta etapa e pódese facer utilizando a FEVE entre os apeadoiros de Mosende e de Covas.

Do apeadero de Mosende sáese cara ao norte ata chegar á praia de San Román da que se sae pola senda, visitando a cruz de San Román para ter unha boa panorámica da praia.
Séguese en ascenso polo monte, seguindo as indicacións da senda ata dar co camiño que sae a punta do "Fuciño do porco" onde se ubica o faro da ría de Viveiro.

Volvemos a buscar a senda, imos a praia de Abrela e se poideramos cruzar o rego de Escourido teríamos avanzado no camiño que leva á punta da Insua, e se non, seguimos a senda ata saír a estrada, imos cara á esquerda.
Chegando ao extremo vemos os vestixios do castro que alí houbo,  a Cova da Doncela, e a panorámica da praia de Abrela, de volta paramos no cargadoiro de mineral e se a atopamos veremos tamén o Cova de San Xoan

De volta á senda, crúzase a estrada xeral, a vía do tren e súbese un bo tramo polo camiño de Soutullo para baixar á altura do hotel As sirenas.



Teresa Díaz Estévez

sábado, 6 de xullo de 2019

Cotapos Culmieiros

Ligazón a wikiloc


Concello Castropol
Distancia 13km
Transporte: FEVE
Ruta circular: tres quilómetros por pista forestal, catro por camiño e seis por asfalto. Comezo e final na estación de Castropol
Por detrás da estación de FEVE de Castropol, en San Xoan de Moldes, pasa unha pista. Camiñando por ela, cara ao leste, un quilómetro, desemboca noutra asfaltada, que nada mais atravesala xa vemos que continúa na mesma dirección para ir baixando cara a ponte de Cotapos.
Sen pasala ponte imos ao son do rego 3 km e chegamos a un punto que hai que descalzarse para cruzalo e poder continuar. Ou saltalo.


                            Fotografías de Sabas na preparación do paseo
Comenza a subida, xunto ao rego de Pusayane, cara a Culmieiros, rodeánse uns prados, entra o camiño un pouco no bosque e sae entre hortensias.
Chegamos ao asfalto e continuamos subindo ata o cruce a Pusallane que deixamos á nosa dereita para sair á estrada que vai de Castropol a Pousadoiro.
Baixamos 5km, con unhas vistas espectaculares, ata o desvío de Riocalente e camiñando por el, regresamos á estación.




 Fotografías de Barcia