luns, 30 de decembro de 2024

Costa de Lugo 10 Reinante - Ribadeo

 

 
  Concellos:Barreiros e Ribadeo 
  Distancia: 16 km 
  Desnivel: 96 m 
  Transporte: Feve 
  Percorrido: Dende o apeadoiro de Reinante camiñar cara o norte para chegar á beira do mar e conectar así co "Camiño natural do Cantábrico" e despois vir cara ao leste seguindo as indicacións. A parada para comer será na cetárea de Punta Corveira e a continuación tomar o café en Rinlo. Ao chegar ao Portal en vez de ir a península de Celeirós pódese sair á estrada, continuar por ela ata o primeiro desvío á dereita que nos leva ao núcleo de Piñeiraavanzamos uns metros cara a Ribadeo e pola primeira pista de terra, á dereita, vimos cara a Ribadeo con un total de 16 km. Querendo continuar pola senda costeira, son 24km os que temos ata Ribadeo.

xoves, 5 de decembro de 2024

Costa de Lugo 9 Foz - Reinante

 



Concellos: Foz, Barreiros
Distancia: 17 km
Desnivel: 207 m

Percorrido: Salvamos o peor escollo de este tramo cruzando as vias para ir por unha pista de terra ata o bar Xoíña. Camiñamos un metros pola estrada alonxándonos de Foz ata chegar a unha estrada, vella, que pasa por debaixo de estrada N 642, para entrar na senda costeira en Mañente .
Despois so é seguila ata a costa de Barreiros e decidir se volvemos por Remior á estación de San Cosme ou se continuamos ata a Yenka para coller o tren en Reinante



















martes, 29 de outubro de 2024

Costa de Lugo 8. Burela - Marzán

 

Concellos: Burela e Foz

Lugares: Burela Cangas, Nois, Fazouro e Marzán

Transporte: FEVE (horarios)

Distancia: 16,8 km

Desnivel: 231 m

O trazado deste tramo coincide exactamente coa senda do Cantábrico. Indo na Feve chegamos a Burela ás 12:08 e regresamos desde Marzán ás 18:16. En seis horas temos tempo para facer o percorrido completo, comer e incluso tomar o café en Marzán.

Se a distancia resulta excesiva, hai a opción de quedarse en Fazouro, con tempo para visitar o castro, chegar ata a desembocadura do Río Ouro e visitar ese interesante núcleo. Así o percorrido serían 12 km.


sábado, 14 de setembro de 2024

Costa de Lugo 7 Lago - Burela

 

Esta etapa salva o escollo da costa de Lugo: A factoría Alúmina - aluminio, e o camiño natural non inclúe os tramos de acantilado, que eu si incorporei.


Concellos: Xove e Cervo

Lugares: Lago, Lieiro, San Ciprián, Madeiro e Burela

Transporte: FEVE

Distancia: 13 km a Madeira, 17,5 seguindo ata Burela

Desnivel: 214 m

Iremos no tren que pasa por Ribadeo ás 11:30 e regresaremos ás 18:35, con billete de ida e volta a Lago. No apeadeiro de Lago saímos cara a dereita, indo pola estrada mais próxima a vía, ata o punto en que a cruza, nese lugar enlazamos co camiño natural e seguimos as súas indicacións ata que aparece á nosa esquerda a chimenea da factoría e unha pista asfaltada que nos leva a praia de Limosa, costeamos ata a desembocadura do Río Covo, visitamos a estructura da que foi unha importante salazón e a pasar a ponte sobre o río Covo.

Seguimos as indicacións da senda do Cantábrico para entrar en San Ciprián e sair por cerca do campo de futbol.

Crúzase a estrada e seguimos as indicacións ata Madeiro, levando así 13 km e podería ser fin de tramo, pero tamén se pode continuar a Burela facendo un total de 17,5 km.

mércores, 4 de setembro de 2024

Costa de Lugo 6 Lago - Xove (pobo)



Esta ruta vai en sentido contrario ao resto porque finalizando en Xove, pódese regular o tempo de espera ao tren, tomando café nas proximidades da parada.

Concello
: Xove

Lugares: O Vilar, Lago, Praia de Lago, Portiño de Morás, Punta Arxente, Praia de Sucastro,  Sumoas, Xove

Distancia: 16 km

Desnivel: 368 m

Transporte: FEVE (consulta horarios)

Sinopse: Con billete de ida e volta a Xove, baixámos do tren (previo aviso ao revisor) no apeadoiro de Lago para ir cara ao mar por a Praia de Lago e o Portiño de Morás, asomándonos a ver os cantís do Concello de Xove.

Fotografía de Antonio Herrero Huerta. IV Concurso de fotografía Cervo respeta

Continuamos pola beira do mar, seguindo as indicacións, azuis, do concello,
 a Cabo de Morás, pasamos frente a illa "As Salseiras" e aproximámonos á praia de Sucastro, voltamos cara ao interior para entrar áo lugar de A Aldea de arriba desde a que imos bordeando o embalse de lodos bermellos, refugallo do proceso de fabricación da alúmina, para ir ao sur cara a Sumoas e Xove.
O tren sae da estación de Ribadeo ás 11:30 chega a Lago ás 12:23 e para o regreso está previsto sair de Xove ás 17:44 e chegar a Ribadeo  ás 18:38. Se alguén desexa prolongar o paseo indo a Portocelo e a Punta Roncadoira, pode regresar no que saíndo de Xove ás 21:22, chega a Ribadeo ás 22:15

mércores, 31 de xullo de 2024

Costa de Lugo 5 Xuances - Xove (pobo)

 A característica de este tramo é a distancia  ( 4 km) entre as paradas da FEVE e a costa, que implica traxectorias mais longas, aínda que se fagan en dúas etapas. 

O tempo do que se dispón é de cinco horas e doce minutos indo no tren que sae de Ribadeo ás 11:30 e regresando no das 18:35

Esta primeira etapa é dende a praia de Esteiro ata Portocelo utilizando as paradas de Xuances e de Xove pobo.



Esta é a opcion de 14km que vai seguindo as indicacións do camiño natural do Cantábrico.
Non se asoma á punta Mansa, nin vai ao Faro da Roncadoira.

---------------------------------------------



Esta é a opción moi mellorada polo concello de Xove, que bordea a costa. Está ben indicada. Este tramo é de 20 km e ten un desnivel importante, mais de 668 m polo que non se chega a coller o tren que pasa por Xove ás 17:44. Pero o plan de bañarse en Portocelo, especialmente en marea alta e despois tomar un refrixerio en Xove, para vir nun tren que chega a Ribadeo ás dez e dez, non está nada mal .

venres, 24 de maio de 2024

Costa de Lugo 4 Covas - Xuances

 De Covas a Monte Faro


Concello: Viveiro

Lugares: Viveiro, Celeiro, Area, Monte faro, Xuances

Transporte: FEVE   (consultar horarios)

Distancia: 15,0 km ( sen subir ao faro 12,6)

Percorrido: Iniciamos o paseo no apeadoiro de Viveiro, ás 12:40, baixamos cara á ría e seguiremos o camiño natural do Cantábrico ata a praia de Portonovo, pasando por monte faro. Voltaremos cara ao sur, por Xuances, para ir ao apeadoiro, por onde pasará o tren ás 17:25 ; dispoñemos polo tanto de catro horas e media para camiñar, comer e incluso darse un baño.