domingo, 1 de novembro de 2020

 Marelle - Rego do galo.

Concellos: Ribadeo Trabada
Parroquias: Cubelas, Couxela, Cedofeita e Balboa
Lugares: Marelle, Alto da Tarola, O pedredo, Rego do galo, Sequeiro, As Cabanas, Piñeiro, Queixoiro e Requiande
Transporte: Coche particular ata Marelle
Distancia 14,5 km
Desnivel 500 m
Mapa

Desde Marelle, por un camiño de monte, súbese á Tarola e imos á esquerda cara a Couxela ata a primeira pista á dereita por a que rodeamos Couxela baixando cara ao rego que limita con Trabada, subimos logo pola beira da finca de Rego do galo e ao chegar ao asfalto imos cara a dereita , subindo ata o indicador de Sequeiro, onde entramos para poder ver a panorámica cara ao surleste, rematado o asfalto seguimos de frente e o camiño nos irá dando a volta e nos volverá a levar ao asfalto.

Baixamos cara ao río e entramos pola pista que atopemos cara á dereita que nos trae de novo ao concello de Ribadeo na parroquia de Cedofeita, no barrio de Piñeiro, lugar de Aldea. Curiosa a igrexa. Imos pola estrada ata a escola e baixamos cara a Queixoiro e Requiande para buscar a pista, sempre enlamada, que leva a Marelle.

Hai unha opción mais sinxela comenzando e rematando o paseo en Piñeiro .