domingo, 13 de febreiro de 2022
Barreiros - Os Castros (Ribadeo) Senda natural. Ruta do Cantábrico
Burela - Marzán. Camiño natural Ruta do Cantábrico
Concellos: Burela e Foz
Distancia: 18 km
Desnivel: 186 m
Traxectoria: Ver a traxectoria
Transporte: Feve (consulta horarios)
Saíndo de Ribadeo ás 11:34, a FEVE ten a chegada a Burela ás 12:08, dispoñemos de seis horas ata que pase por Marzán ás 18:16 o tren que regresa a Ribadeo ás 18:37.
Sáese de Burela cara ao leste, sen gañar nin perder altura e a medida que deixamos o centro urbán, imos atopando as sinais da senda costeira que nos levan por toda a costa seguindo a Ruta do Cantábrico, sen dar lugar a dudas.
Facendo este percorrido na baixa mar podemos deixar a senda para camiñar pola area tan pronto como entremos no concello de Foz, na praia da Areaoura, a segunda que atopamos. Mais adiante por salvar o Rego Real hai que adentrarse en Cangas de Foz, e cando voltemos á costa convén aproximarse a ver o motivo polo que tivemos que dar ese rodeo e aproveitar o lugar para comer e tomar o café en casa Selmira.
Voltaremos a area na praia de Xuncos, en baixa mar temos un bo tramo para camiñar pola beira do mar.
Outro punto imprescindible é o porto de Nois
Cruzar por a praia de Arealonga ou seguir pola senda, xa sabeis de que depende, en calquera caso e sen ter en conta á marea, visitaremos o castro de Fazouro.
Cruzamos o Río Ouro continuamos ata a praia de Llás e nese punto entramos cara o sur, atravesamos a estrada xeral e sen cambiar de dirección chegamos ao apeadoiro de Marzán.
martes, 1 de febreiro de 2022
Da Veiga a Ribadeo
venres, 2 de xullo de 2021
Vilavedelle Castropol
Concello: Castropol
Distancia: 11 km
Transporte: Feve (consulta horarios) / Lancha
Percorrido: Imos na Feve ata Vilavedelle, visitaremos este descoñecido lugar, aínda que para evitar a estrada teremos que voltar cara ao apeadeiro e seguir a pista que vai a Lantoira.
De alí baixamos para atravesar a estrada N-640 e ir cara a Punta Veloso sorteando o centro de tratamento de augas.
Entre pinares seguimos ata praia verde, cos seus tres fornos de cal, baixaremos depois a Fontela.
Continuamos en dirección a Castropol, e ao aproximarnos de novo á estrada N-640 nos desviamos cara á ría para chegar por camiños ata o paseo do muelle.
Para finalizar o paseo cumpre dar unha volta por Castropol e volver ao peirao para embarcar cara a Ribadeo
domingo, 23 de maio de 2021
Queixoiro
Concellos: Ribadeo Trabada
Parroquia: Cedofeita
Lugares: Requiande, Queixoiro, San Fernando, Teixido, Atarola, Marelle
Distancia: 11,5 km ou 14km subindo ao pico de San Fernando
Desnivel: 425m ou 522m subindo ao pico
>
Deixando o coche en RequiandeComénza a subida no barrio de Queixoiro ao son do rego, por unha pista asfaltada que ao achegarse ao monte xira en ángulo recto, nese punto a deixamos, para seguir cara arriba pola pista de terra mais á dereita, das dúas que vemos. E seguimos subindo unha vez acadado o nacemento do regato, o camiño vira cara ao norte e en poucos minutos aparece unha pista , con pendente forte, pero breve, que nos levará ao campo de San Fernando.A capela é un bo sitio para comer e esperar placidamente a que a xente que tivo interés en subir ao pico de San Fernando (2,5 km e 100m de desnivel) a ver as magníficas vistas que ofrece.
Baixaremos despois polo monte a Teixido e sen entrar no núcleo de Piñeiro imos subindo cara a Atarola para baixar a Marelle e pechar o circuíto de novo en Requiande
luns, 5 de abril de 2021
xoves, 1 de abril de 2021
Reme de abaixo, Porto, Santalla, Reme de Arriba
Mapa en wikiloc: Ligazón
Concello: Ribadeo
Parroquias: Santalla de Vilaosende, Couxela, Covelas
Distancia:12 km
Peculiaridade: ruta practicable so cando a vía do tren está desbrozada
Percorrido: O punto de partida está na entrada da estrada que sube a Lourido, son 12 km , con pouco desnivel por sendas verdes, pola vía do tren de Vilaodrid ata Porto,
por unha pista forestal de Porto a Santalla, con boas vistas do Río Eo,
por un camiño de Santalla a Santomé que pasa polo campo dos bolos, que nunca soupen que é nin onde está.
Polo río ata Reme onde, na Ponte da Acea
entramos na fraga que ten todo o ten que ter unha fraga, lama para esbarar, paos para tropezar e carrachas de compañía (usen ustedes elinwas como repelente), e tamén ten (estos días) un camiño aberto a golpe de motoserra e fouciño para facilitarnos o paso.



