domingo, 27 de febreiro de 2022

A Veiga Castropol

 


Concello: A Veiga,Castropol
Lugares:Presa, Vilavedelle, Lantoira, Praia verde, Barco do cura, Fontela, Castropol, Moldes.
Distancia:13,5 km
Traxectoria: wikiloc
Percorrido: Saímos da estación de FEVE da Veiga cara á Veiga e na segunda entrada asfaltada, á esquerda, entramos na rúa Volta da folla para coller un camiño que nos sube á rúa Galera, na senda Vegadeo- Tapia. 
Imos por ela ata Lantoira e baixamos á esquerda para cruzar a estrada xeral e dirixirnos pola Granda ata Praia Verde, despois ao barco do cura, subir ao que foi Serrasa e seguir en dirección a Castropol.
Caleira                Foto de José Barcia


Pouco antes de chegar á estrada xeral, baixa un camiño á praia de  Fontela que continúa ata o muelle e por el seguimos a Punta de Castropol, e a casa Vicente, pódese axustar o tempo tomando algo con saber que o tren pasará ás 18:18 e que faltan 2,5 km.

Illa no Esquilo                                     Foto de José Barcia


Cruzamos de novo a estrada para subir a Moldes e ir a estación de FEVE.

luns, 21 de febreiro de 2022

Os Castros - Ribadeo. Senda natural. Ruta do Cantábrico

 



Concello:  Ribadeo
Distancia: 18 km
Desnivel: 1120 m
Traxectoria: Ver a traxectoria
Transporte: FEVE   Comproba os horarios da FEVE
Percorrido:

Paseiños de 5 km


Inverno

Martes
lugar: Ove
distancia: 4,99 km
desnivel: 57 m 

Ligazón https://connect.garmin.com/modern/course/87085499

Xoves
lugar: Piñeira
distancia: 4,98 km
desnivel: 40 m 

Ligazón https://connect.garmin.com/modern/course/87085955


                                      Primavera

Martes
lugar: Vilaselán
distancia: 5,10 km
desnivel: 57 m 
Ligazónhttps://connect.garmin.com/modern/course/86046785

Xoves
lugar: Muelle
distancia: 4,94 km
desnivel: 55 m 

Ligazónhttps://connect.garmin.com/modern/course/83829559


                                       Verán

Martes
lugar: Faro
distancia: 4,93 km
desnivel: 32 m 

Ligazónhttps://connect.garmin.com/modern/course/84484464

Xoves
lugar: Santa Cruz
distancia: 4,76 km
desnivel: 75 m 

Ligazónhttps://connect.garmin.com/modern/course/84481006


                                         Outono

Martes
lugar: As Aceas
distancia: 5,36 km
desnivel: 76 m 


Ligazónhttps://connect.garmin.com/modern/course/84483832

Xoves
lugar: Extramuros
distancia: 4,97 km
desnivel: 30 m 

Ligazónhttps://connect.garmin.com/modern/course/84483342

domingo, 13 de febreiro de 2022

Barreiros - Os Castros (Ribadeo) Senda natural. Ruta do Cantábrico

 


Concellos : Barreiros  Ribadeo
Distancia: 17 km
Desnivel: 114 m
Traxectoria: Ver a traxectoria
Transporte: FEVE   Comproba os horarios da FEVE
Percorrido:

Burela - Marzán. Camiño natural Ruta do Cantábrico

Concellos: Burela e Foz

Distancia: 18 km

Desnivel: 186 m

Traxectoria: Ver a traxectoria

Saíndo de Ribadeo ás 11:34, a FEVE ten a chegada a Burela ás 12:08, dispoñemos de seis horas ata que pase por Marzán ás 18:16 o tren que regresa a Ribadeo ás 18:37. 

Comproba os horarios da FEVE

Sáese de Burela cara ao leste, sen gañar nin perder altura e a medida que deixamos o centro urbán, imos atopando as sinais da senda costeira que nos levan por toda a costa seguindo a Ruta do Cantábrico, sen dar lugar a dudas.

Facendo este percorrido na baixa mar podemos deixar a senda para camiñar pola area tan pronto como entremos no concello de Foz, na praia da Areaoura, a segunda que atopamos. Mais adiante por salvar o Rego  Real hai que adentrarse en Cangas de Foz, e cando voltemos á costa convén aproximarse a ver o motivo polo que tivemos que dar ese rodeo e aproveitar o lugar para comer e tomar o café en casa Selmira.

Voltaremos a area na praia de Xuncos, en baixa mar temos un bo tramo para camiñar pola beira do mar. 

Outro punto imprescindible é o porto de Nois

Cruzar por a praia de Arealonga ou seguir pola senda, xa sabeis de que depende, en calquera caso e sen ter en conta á marea, visitaremos o castro de Fazouro.

Cruzamos o Río Ouro continuamos ata a praia de Llás e nese punto entramos cara o sur, atravesamos a estrada xeral e sen cambiar de dirección chegamos ao apeadoiro de Marzán.  

martes, 1 de febreiro de 2022

Da Veiga a Ribadeo



Concello:Ribadeo
Parroquias: Santalla de Vilausende e Ove
Distancia: 16 km 
Transporte: FEVE.
Punto de partida: Estación de FEVE da Veiga
Vista aérea: vista aérea
Percorrido: Saíndo da estación cara á Veiga, a altura de Ferros Alonso, entrando á dereita, hai unha ponte para cruzar o Río Suarón, e despois de atravesar o recinto feiral, outra ponte permite pasar o Río Monjardín e outra vez á dereita vaise á ponte sobre o Río Eo. Xa en Galicia no lugar de Porto de Abaixo, unha estrada pendente sobe entre as casas, e gañando altura hai unha vista panorámica da xunqueira e os meandros do río Eo. Ao chegar a estrada de Porto de Arriba hai que ir á esquerda, pasando xunto a subestación do gas, para baixar ao Río da Veiga, Carbón e a Curuxeira para chegar á estrada de Santalla de Vilausende.
Vaise a esquerda, cara ao pazo, uns metros para entrar pola estrada que pasa diante da igrexa e seguir por ela ata o lugar de Santomé. Pasadas as casas baixa un primeiro camiño ao río grande, por o que non se entra, pero hai que velo, para despois entre os eucaliptos ver o segundo e así saber que no seguinte, o terceiro que fai unha pequena isleta a modo de rotonda, é o adecuado para baixar ao Río Grande nun punto que se pode atravesar por unha ponte de cemento e continuar por pistas de terra collendo cara a dereita na pista mais ancha na que se desemboca para chegar a Reme de Arriba.
Actualmente (2022) antes das casas de San Tomé baixa un camiño ata a Fonte das Señoritas, e continúa a Ponte da Acea desde onde se sube directamente a Reme de Arriba. Tamén se pode acceder a esta ponte dende a entrada á fraga que hai en Lourido, pero é necesario coñecer o lugar.
Báixase de Reme  a estrada xeral para ir uns metros á esquerda e subir por camiños de terraa ata Frieira Vella. Na estrada á esquerda vaise cara a Pastoriza e no cruze á dereita por unha pista de terra atravésase o monte para saír a Vilar da Graña. Chegando ao asfalto á esquerda vaise á Graña e fronte a capela, entre as casas continúa un camiño que baixa á Palmeira, ao pasalo río convén desviarse uns metros augas arriba, para ver o muíño, actualmente en fase de recuperación, saése a Ove e a Ribadeo.
                                                                                    Teresa Díaz Estévez