Lago - Xove
teresaderibadeo
Paseos de 12 km por Ribadeo e por lugares próximos.
mércores, 30 de setembro de 2026
Montes da mariña 9 : Lago - Xove
mércores, 2 de setembro de 2026
Montes da Mariña 8: Madeiro - San Cibrao
Concellos: Cervo
Transporte: FEVE
Percorrido: Dentro do concello de Cervo, en Madeiro imos cara ao interiór ata o sur da urbanización de Ríocobo, pasamos sobre a estrada nacional por unha ponte peatonal e rodeamos o embalse pasando por San Xiao do Castelo , por A Venta e o Guioncho, para chegar a San Cibrao polo río Covo.
O paseo é moi breve, 11km escasos, xa que se necesita tempo e ánimo para pasear por este lugar tan fermoso e cuidado e a ser posible disfrutar dun baño en calquera das súas praias
mércores, 29 de abril de 2026
Montes da mariña 5: Nois-Pico da lebre_Marzán
Montes da mariña 4: Foz - Ermo - Barreiros
Concellos: Foz e Barreiros
Transporte: FEVE (consulta horarios)
Distancia: 17 km
Desnivel: 310 m
Percorrido: Cruzando as vías en Foa, imos cara a esquerda , pasando por diante do Xoíña e entrando despois á cereita para ir por pistas ata Vilaronte feira, fermosa prza, seguimos agora as indicacións do camiña natural de San Rosendo ata chegar á ponte do Barral; neste punto deixamos Foz para entrar en Barreiros, imos indo cara ao norte para sair á estrada pola que , con moita precaución, baixaremos uns trinta metros e cruzamos para coller o camiño que vai paralelo ao rego do Santo Esteban , que nos levará ata a capela, merendeiro e cascada de Santo Estevo do Ermo.
Abandoamos o lugar en dirección a San Cosme, onde é moi difícil tomar un café os fines de semana, e baixamos á estación a coller o tren de regreso
martes, 3 de marzo de 2026
Montes da Mariña 3: Barreiros- Ínsua-Reinante
Montes da mariña 2: Reinante-Comado-Rinlo