Powered by Wikiloc
Concello: Foz
Distancia: 12.5 km
Desnivel: 454 m
Percorrido: Comezamos o paseo na estación de Nois indo un quilómetro cara ao sur, para chegar a Souto onde cambiamos o rumbo para ie cara ao leste, pola estrada de Lousada, ata cruzar o río Ouro e volver a cambiar o rumbo, agora cara ao sur, subindo e aos 25o m de altitude,xiramos cara ao norte e seguimos subindo ata o Pico da lebre.
Agora toca baixar ata o Bispo Santo e seguir descendendo ata a parada da feve en Marzán, onde colleremos o tren de regreso.
Hai unha opción alternativa na que unha vez cruzado o río Ouro non se sube ao monte senon que se se avanza cara a Foz, sen coller altura, levando sempre o bosque á dereita, xa chegando a Marzán hai a posibilidade de subir ao Bispo Santo para despois baixar o tren.
Resultan 9,3 km e 140 m de desnivel.
Powered by Wikiloc