sábado, 14 de setembro de 2024

Costa de Lugo 7

 Lago - Madeiro

Esta etapa salva o escollo da costa de Lugo: A factoría Alúmina - aluminio, e o camiño natural non inclúe os tramos de acantilado, que eu si incorporei.


Concellos: Xove e Cervo

Lugares: Lago Lieiro San Ciprián Madeiro

Transporte: FEVE

Distancia: 13 km

Desnivel: 214 m

Iremos no tren que pasa por Ribadeo ás 11:30 e regresaremos ás 18:35, con billete de ida e volta a Lago. No apeadeiro de Lago saímos cara a dereita, indo pola estrada mais próxima a vía, ata o punto en que a cruza, nese lugar enlazamos co camiño natural e seguimos as súas indicacións ata pasar á ponte romana sobre o río Covo e chegar á ponte do tren.

Antes de cruzalo, imos cara a esquerda para subir á igrexa de Lieiro, e despois imos cara a beira do mar, para costear o máximo posible ata volver a atopar as indicacións do camiño natural na ponte da estrada que entra en San Ciprián . Seguimos por el ata chegar ao campo de futbol.

aquí continuaremos costeando, ata aproximarnoa á piscifactoría onde cruzamos e despois de retroceder uns metros pola estrada , cruzamos e rodeamos o polígono industrial indo por Pedrosa, Lagás, Casa novas, Cuiña, Fontao e o Madeiro


mércores, 4 de setembro de 2024

Costa de Lugo 6



Esta ruta é un duplicado da realizada no ano 2018 con nome: Portiño de Morás, entonces non había o "Camiño natural: Ruta do Cantábrico" nin as melloras a ese trazado feitas polo propio concello.

Concello
: Xove

Lugares: O Vilar, Lago, Praia de Lago, Portiño de Morás, Punta Arxente, Praia de Sucastro,  Sumoas, Xove

Distancia: 16 km

Desnivel: 368 m

Transporte: FEVE (consulta horarios)

Sinopse: Con billete de ida e volta a Xove, baixámos do tren (previo aviso ao revisor) no apeadoiro de Lago para ir cara ao mar por a Praia de Lago e o Portiño de Morás, asomándonos a ver os cantís do Concello de Xove.

Fotografía de Antonio Herrero Huerta. IV Concurso de fotografía Cervo respeta

Continuamos pola beira do mar, seguindo as indicacións, azuis, do concello,
 a Cabo de Morás, pasamos frente a illa "As Salseiras" e aproximámonos á praia de Sucastro, voltamos cara ao interior para entrar áo lugar de A Aldea de arriba desde a que imos bordeando o embalse de lodos bermellos, refugallo do proceso de fabricación da alúmina, para ir ao sur cara a Sumoas e Xove.
O tren sae da estación de Ribadeo ás 11:30 chega a Lago ás 12:23 e para o regreso está previsto sair de Xove ás 17:44 e chegar a Ribadeo  ás 18:38. Se alguén desexa prolongar o paseo indo a Portocelo e a Punta Roncadoira, pode regresar no que saíndo de Xove ás 21:22, chega a Ribadeo ás 22:15

mércores, 31 de xullo de 2024

Costa de Lugo 5

 A característica de este tramo é a distancia  ( 4 km) entre as paradas da FEVE e a costa, que implica traxectorias mais longas, aínda que se fagan en dúas etapas. 

O tempo do que se dispón é de cinco horas e doce minutos indo no tren que sae de Ribadeo ás 11:30 e regresando no das 18:35

Esta primeira etapa é dende a praia de Esteiro ata Portocelo utilizando as paradas de Xuances e de Xove pobo.



Esta é a opcion de 14km que vai seguindo as indicacións do camiño natural do Cantábrico.
Non se asoma á punta Mansa, nin vai ao Faro da Roncadoira.

---------------------------------------------



Esta é a opción moi mellorada polo concello de Xove, que bordea a costa. Está ben indicada. Este tramo é de 20 km e ten un desnivel importante, mais de 668 m polo que non se chega a coller o tren que pasa por Xove ás 17:44. Pero o plan de bañarse en Portocelo, especialmente en marea alta e despois tomar un refrixerio en Xove, para vir nun tren que chega a Ribadeo ás dez e dez, non está nada mal .

venres, 24 de maio de 2024

Costa de Lugo 4

 De Covas a Monte Faro


Concello: Viveiro

Lugares: Viveiro, Celeiro, Area, Monte faro, Xuances

Transporte: FEVE   (consultar horarios)

Distancia: 15,0 km ( sen subir ao faro 12,6)

Percorrido: Iniciamos o paseo no apeadoiro de Viveiro, ás 12:40, baixamos cara á ría e seguiremos o camiño natural do Cantábrico ata a praia de Portonovo, pasando por monte faro. Voltaremos cara ao sur, por Xuances, para ir ao apeadoiro, por onde pasará o tren ás 17:25 ; dispoñemos polo tanto de catro horas e media para camiñar, comer e incluso darse un baño. 

mércores, 1 de maio de 2024

Costa de Lugo 3



Concellos: O Vicedo  Viveiro

Lugares: Mosende, Abrela, Patarroa , Covas

Distancia: 11 km

Transporte: FEVE  (horarios)


Está previsto comenzar a camiñar na estación de Mosende ás 12:53, en dirección norte ata chegar ao mar, no extremo da praia de San Román, onde atopamos o camiño natural do Cantábrico, e por el viremos ata Covas, onde colleremos o tren ás 17:25.

Se vimos con tempo de sobra podemos tomar un café ou seguir á estación de Viveiro, por a que pasa o tren ás  17:29



domingo, 4 de febreiro de 2024

Costa de Lugo 2

 2ª etapa do Camiño pola costa de Lugo seguindo a ruta do Cantábrico, co tren como transporte

Concello: O Vicedo
Transporte: Feve (horarios)
Distancia: 13,3 km
Tempo: 4,x h
Desnivel: 420 m

Partimos da estación de O Vicedo ca a praia de Xilloi, para continuar onde o deixamos no tramo anterior
Punta Cameiro frente a Illa Coelleira
Miradores Tixoso, Moreiras , Ribeira e Punta Lodelas
Praia de San Román
Opción: Pasada a praia de Xilloi, e ganada algo de altura, ir á dereita cara ao mirador de Tixoso, deixando sen rodear o montículo que hai frente a illa Coelleira. 
Regreso desde a estación de Mosende

Costa de Lugo 1

 

Camiñamos pola costa de Lugo seguindo a ruta do Cantábrico, co tren como transporte

    

Concello: O Vicedo
Transporte: Feve (horarios)
Distancia: 10,5 km
Tempo: 4 horas
Desnivel: 250 m
    
    Procedentes de calquera punto da costa de Lugo, chegamos á estación de O Barqueiro á unha de mediodía, paralelo ao andén temos o camiño natural da ruta do Cantábrico polo que comenzamos a camiñar cara ao leste para cruzar a Ría do Barqueiro, pola ponte de ferro  e entrar na provincia de Lugo.






En baixamar pódese chegar ao Vicedo pola fermosa praia de Arealonga, coa marea alta haberá que seguir as indicacións da senda costeira que tamén sairán á praia algo mais adiante.
Pasada a praia dos Castelos hai un paseo con moitos bancos, perfectos para comer e sen demorarse moito continuar coa senda polo porto, a praia do caolín e por fin a praia de Xilloi, desde a que volvemos ao Vicedo para coller o tren que pasa  (febreiro 2024) ás 17:12.
Este tramo é breve por dispoñer tan só de catro horas para realizalo.