De Covas a Monte Faro
Concello: Viveiro
Lugares: Viveiro, Celeiro, Area, Monte faro, Xuances
Transporte: FEVE (consultar horarios)
Distancia: 15,0 km ( sen subir ao faro 12,6)
Percorrido: Iniciamos o paseo no apeadoiro de Viveiro, ás 12:40, baixamos cara á ría e seguiremos o camiño natural do Cantábrico ata a praia de Portonovo, pasando por monte faro. Voltaremos cara ao sur, por Xuances, para ir ao apeadoiro, por onde pasará o tren ás 17:25 ; dispoñemos polo tanto de catro horas e media para camiñar, comer e incluso darse un baño.