domingo, 23 de maio de 2021

Queixoiro

Concellos: Ribadeo Trabada

Parroquia: Cedofeita

Lugares: Requiande, Queixoiro, San Fernando, Teixido, Atarola, Marelle

Distancia: 11,5 km ou 14km subindo ao pico de San Fernando

Desnivel: 425m ou 522m subindo ao pico

 


>

Deixando o coche en RequiandeComénza a subida no barrio de Queixoiro ao son do rego, por unha pista asfaltada que ao achegarse ao monte xira en ángulo recto, nese punto a deixamos, para seguir cara arriba pola pista de terra mais á dereita, das dúas que vemos. E seguimos subindo unha vez acadado o nacemento do regato, o camiño vira cara ao norte e en poucos minutos aparece unha pista , con pendente forte, pero breve, que nos levará ao campo de San Fernando.

A capela é un bo sitio para comer e esperar placidamente a que a xente que tivo interés en subir ao pico de San Fernando (2,5 km e 100m de desnivel) a ver as magníficas vistas que ofrece.

Baixaremos despois polo monte a Teixido e sen entrar no núcleo de Piñeiro imos subindo cara a Atarola para baixar a Marelle e pechar o circuíto de novo en Requiande

luns, 5 de abril de 2021

xoves, 1 de abril de 2021

Reme de abaixo, Porto, Santalla, Reme de Arriba

 

Mapa en wikiloc: Ligazón 

Concello: Ribadeo

Parroquias: Santalla de Vilaosende, Couxela, Covelas

Distancia:12 km

Peculiaridade: ruta practicable so cando a vía do tren está desbrozada

Percorrido: O punto de partida está na entrada da estrada que sube a Lourido, son 12 km , con pouco desnivel por sendas verdes, pola vía do tren de Vilaodrid ata Porto,

por unha pista forestal de Porto a Santalla, con boas vistas do Río Eo, 

 



por un camiño de Santalla a Santomé que pasa polo campo dos bolos, que nunca soupen que é nin onde está.

 


Polo río ata Reme onde, na Ponte da Acea

 

 entramos na fraga que ten todo o ten que ter unha fraga, lama para esbarar, paos para tropezar e carrachas de compañía (usen ustedes elinwas como repelente), e tamén ten (estos días) un camiño aberto a golpe de motoserra e fouciño para facilitarnos o paso.

sábado, 6 de marzo de 2021

Ribadeo Reme pola vía do tren de Vilaodrid

Trazado en wikiloc: Ligazón

Concello: Ribadeo

Parroquias: Ribadeo, Ove.

Distancia 12 km

Peculiaridade: So se pode realizar cando a vía está desbrozada.

Percorrido: Sair de Ribadeo pola Vilavella, pola senda marcada ata as Aceas, atravesar o dique da acea e subir á estrada xeral pola que hai que avanzar 150 m cara a Veiga, chegando á entrada que baixa á vía do antigo tren.

Camiñar pola vía ata Reme, e van 6 km, nese punto vir cara a Ribadeo pola estrada, 30 ou 40 m, e subir pola pista asfaltada que vai a Frieira para regresar a Ribadeo con un paseo de 12 km.

Este paseo pode prolongarse amecéndolle o paseo Reme-Porto Reme