Trazado en wikiloc: Ligazón
Concello: Ribadeo
Parroquias: Ribadeo, Ove.
Distancia 12 km
Peculiaridade: So se pode realizar cando a vía está desbrozada.
Percorrido: Sair de Ribadeo pola Vilavella, pola senda marcada ata as Aceas, atravesar o dique da acea e subir á estrada xeral pola que hai que avanzar 150 m cara a Veiga, chegando á entrada que baixa á vía do antigo tren.
Camiñar pola vía ata Reme, e van 6 km, nese punto vir cara a Ribadeo pola estrada, 30 ou 40 m, e subir pola pista asfaltada que vai a Frieira para regresar a Ribadeo con un paseo de 12 km.
Este paseo pode prolongarse amecéndolle o paseo Reme-Porto Reme para o que actualmente (2022) hai que salvar a desembocadura do Río Grande pola estrada. Entrar en dirección a Lourido e antes de iniciar a costa xa vemos, paralelo á ría o trazado da vía que seguiremos ata que de repente se acaba onde nalgún tempo houbo unha ponte. Desandamos 15 ou 20 metros e con unha breve subida polo monte atopamos un camiño que nos leva na dirección adecuada, cara á Veiga.
Neste tramo veremos zonas anegadas por augas eutrofizadas e ao final da recta un túnel que podemos atravesar, saíndo ao sur de Porto de Abaixo. E polo de agora non se pode continuar, toca dar a volta ou seguir á Veiga en busca de transporte para regresar.