sábado, 14 de setembro de 2024

Costa de Lugo 7 Lago - Burela

 

Esta etapa salva o escollo da costa de Lugo: A factoría Alúmina - aluminio, e o camiño natural non inclúe os tramos de acantilado, que eu si incorporei.


Concellos: Xove e Cervo

Lugares: Lago, Lieiro, San Ciprián, Madeiro e Burela

Transporte: FEVE

Distancia: 13 km a Madeira, 17,5 seguindo ata Burela

Desnivel: 214 m

Iremos no tren que pasa por Ribadeo ás 11:30 e regresaremos ás 18:35, con billete de ida e volta a Lago. No apeadeiro de Lago saímos cara a dereita, indo pola estrada mais próxima a vía, ata o punto en que a cruza, nese lugar enlazamos co camiño natural e seguimos as súas indicacións ata que aparece á nosa esquerda a chimenea da factoría e unha pista asfaltada que nos leva a praia de Limosa, costeamos ata a desembocadura do Río Covo, visitamos a estructura da que foi unha importante salazón e a pasar a ponte sobre o río Covo.

Seguimos as indicacións da senda do Cantábrico para entrar en San Ciprián e sair por cerca do campo de futbol.

Crúzase a estrada e seguimos as indicacións ata Madeiro, levando así 13 km e podería ser fin de tramo, pero tamén se pode continuar a Burela facendo un total de 17,5 km.

mércores, 4 de setembro de 2024

Costa de Lugo 6 Lago - Xove (pobo)



Esta ruta vai en sentido contrario ao resto porque finalizando en Xove, pódese regular o tempo de espera ao tren, tomando café nas proximidades da parada.

Concello
: Xove

Lugares: O Vilar, Lago, Praia de Lago, Portiño de Morás, Punta Arxente, Praia de Sucastro,  Sumoas, Xove

Distancia: 16 km

Desnivel: 368 m

Transporte: FEVE (consulta horarios)

Sinopse: Con billete de ida e volta a Xove, baixámos do tren (previo aviso ao revisor) no apeadoiro de Lago para ir cara ao mar por a Praia de Lago e o Portiño de Morás, asomándonos a ver os cantís do Concello de Xove.

Fotografía de Antonio Herrero Huerta. IV Concurso de fotografía Cervo respeta

Continuamos pola beira do mar, seguindo as indicacións, azuis, do concello,
 a Cabo de Morás, pasamos frente a illa "As Salseiras" e aproximámonos á praia de Sucastro, voltamos cara ao interior para entrar áo lugar de A Aldea de arriba desde a que imos bordeando o embalse de lodos bermellos, refugallo do proceso de fabricación da alúmina, para ir ao sur cara a Sumoas e Xove.
O tren sae da estación de Ribadeo ás 11:30 chega a Lago ás 12:23 e para o regreso está previsto sair de Xove ás 17:44 e chegar a Ribadeo  ás 18:38. Se alguén desexa prolongar o paseo indo a Portocelo e a Punta Roncadoira, pode regresar no que saíndo de Xove ás 21:22, chega a Ribadeo ás 22:15