Concello: A Veiga
Lugares: A Espía, Nafarea, Meredo, Xaraz, Sestelo, Piantón
Transporte: Coches particulares
Distancia 14 km (sen baixar ao mazo)
Desnivel de subida 260m (sen baixar ao mazo)
O percorrido comenza no lugar da Espía na carretera que sube á
Garganta, a once quilómetros de Vegadeo.
Entra unha carretera asfaltada
es dirección á Nafarea e por ela iremos, disfrutando da vista da
Barranca de Paramios, de Molexón e do río Suarón que acompañaremos augas
abaixo ata o lugar de Ferrería, onde saímos á estrada que entra e
Meredo.
Vista de Molexón na aba da Serra da Bobia. Foto de Carlos Lagarón
A igrexa ben merece unha parada, será un bo lugar para
comer. Continuamos cara ao centro de Meredo, aquí hai unha subida ata
dar co camiño que de novo co Suarón, nos levará a Xaraz , e seguimos ata un punto no que indica a baixada ao mazo de
Meredo, que tamén merece ser visitado aínda que signifique desviarse do
camiño trazado. En decembro de 2019, ao chegar áo aparcadoiro do mazo, atópase un cartel que prohibe o paso, supoño que debido ao mal estado das pequenas pontes e pasos de madeira.
Nada mais cruzar a estrada para continuar co paseo, entra un camiño á dereita que pasa cerca da mina Cancelúa e vese, mentras non medren os eucaliptos, o antigo forno, continuamos cara a Sestelo onde teremos que recuperar parte do desnivel perdido ao baixar ao mazo, sigue a Arcilo, con outra pequena subida e finalmente baixa a Piantón.
Información mais completa do segundo tramo en: Meredo- Piantoń
mércores, 4 de decembro de 2019
mércores, 31 de xullo de 2019
De Mosende a Covas
Trazado: Wikiloc
Concellos: O Vicedo e Viveiro
Transporte: FEVE
Track: Por Xoan Antón Monasterio
Percorrido: O Camiño natural do Cantábrico na costa de Lugo vai de Ribadeo a O Vicedo, en cinco etapas.
Este tramo de 17 km de lonxitude e 500m de desnivel acumulado, pasa por parte da quinta etapa e pódese facer utilizando a FEVE entre os apeadoiros de Mosende e de Covas.
Do apeadero de Mosende sáese cara ao norte ata chegar á praia de San Román da que se sae pola senda, visitando a cruz de San Román para ter unha boa panorámica da praia.
Séguese en ascenso polo monte, seguindo as indicacións da senda ata dar co camiño que sae a punta do "Fuciño do porco" onde se ubica o faro da ría de Viveiro.
Do apeadero de Mosende sáese cara ao norte ata chegar á praia de San Román da que se sae pola senda, visitando a cruz de San Román para ter unha boa panorámica da praia.
Séguese en ascenso polo monte, seguindo as indicacións da senda ata dar co camiño que sae a punta do "Fuciño do porco" onde se ubica o faro da ría de Viveiro.
Volvemos a buscar a senda, imos a praia de Abrela e se poideramos cruzar o rego de Escourido teríamos avanzado no camiño que leva á punta da Insua, e se non, seguimos a senda ata saír a estrada, imos cara á esquerda.
Chegando ao extremo vemos os vestixios do castro que alí houbo, a Cova da Doncela, e a panorámica da praia de Abrela, de volta paramos no cargadoiro de mineral e se a atopamos veremos tamén o Cova de San Xoan
De volta á senda, crúzase a estrada xeral, a vía do tren e súbese un bo tramo polo camiño de Soutullo para baixar á altura do hotel As sirenas.
Chegando ao extremo vemos os vestixios do castro que alí houbo, a Cova da Doncela, e a panorámica da praia de Abrela, de volta paramos no cargadoiro de mineral e se a atopamos veremos tamén o Cova de San Xoan
De volta á senda, crúzase a estrada xeral, a vía do tren e súbese un bo tramo polo camiño de Soutullo para baixar á altura do hotel As sirenas.
Teresa Díaz Estévez
sábado, 6 de xullo de 2019
Cotapos Culmieiros
Ligazón a wikiloc
Concello Castropol
Concello Castropol
Distancia 13km
Transporte: FEVE
Ruta circular: tres quilómetros por pista forestal, catro por camiño e seis por asfalto. Comezo e final na estación de Castropol
Fotografías de Sabas na preparación do paseo
Por detrás da estación de FEVE de Castropol, en San Xoan de Moldes, pasa unha pista. Camiñando por ela, cara ao leste, un quilómetro, desemboca noutra asfaltada, que nada mais atravesala xa vemos que continúa na mesma dirección para ir baixando cara a ponte de Cotapos.
Sen pasala ponte imos ao son do rego 3 km e chegamos a un punto que hai que descalzarse para cruzalo e poder continuar. Ou saltalo.
Fotografías de Sabas na preparación do paseo
Comenza a subida, xunto ao rego de Pusayane, cara a Culmieiros, rodeánse uns prados, entra o camiño un pouco no bosque e sae entre hortensias.
Chegamos ao asfalto e continuamos subindo ata o cruce a Pusallane que deixamos á nosa dereita para sair á estrada que vai de Castropol a Pousadoiro.
Baixamos 5km, con unhas vistas espectaculares, ata o desvío de Riocalente e camiñando por el, regresamos á estación.
Chegamos ao asfalto e continuamos subindo ata o cruce a Pusallane que deixamos á nosa dereita para sair á estrada que vai de Castropol a Pousadoiro.
Baixamos 5km, con unhas vistas espectaculares, ata o desvío de Riocalente e camiñando por el, regresamos á estación.
Fotografías de Barcia
sábado, 1 de xuño de 2019
Tapia - Porcía - Tapia
Concello: Tapia
Lugares: Salave, Campos, Cortaficio.
Distancia: 17 km
Transporte: Coches particulares
Percorrido: Partindo do aparcamento do Alimerka de Tapia, na nacional 634 cruzamos a estrada e por unha pista asfaltada que entra perpendicular á nacional, damos na senda que ven dos lavadoiros da praia de Represas, comezamos a camiñar por ela, cara á dereita e logo atopamos o cartel para entrar no que foron as minas de Salave, imos logo por el ata o mar para asomarnos a punta do Pedrón, desandar uns metros e internarnos no bosque que garda as Lagoas de Silva. Paseamos por todos os camiños da súa irregular orografía.
Ao saír vimos costeando por o tramo de costa que se chama O cántaro ata a praia das poleas. O camiño agora deixa a costa, pasa por Balmorto e pronto volve aos acantilados para seguilos ata ter á vista a fermosa punta de Torba.
A única praia accesible deste tramo é a de Figus, con algo de area e grandes cantos rodados.
A continuación parece que hai que achegarse practicamente á estrada, no lugar chamado Calvario de Campos e a continuación visitar as outras minas abandonadas e chegar xa á desembocadura do Río Porcía,
Iremos cara ao mar ata o lugar no que houbo un cargadoiro de mineral e volvemos á beira do Porcía ata a ponte sobre o Porcía do antigo trazado da estrada nacional.
Fotos de José Barcia |
A distancia ata este punto que son 9 km vindo pola senda GR 9 pasa a ser 13,5 km vindo case todo o percorrido polo cantil.
O regreso será polo camiño de Santiago, que pasa por os lugares de Outeiro, Calvario de Campos, Campos e Salave, e Cortaficio, chegando ao punto de partida en 6 km.
Acórtase a distancia nun par de quilómetros tomando como punto de saída o aparcamento do Alimerka, que cruzando a nacional unha pista asfaltada no sitúa no camiño, perto das lagoas de Silva, an Salave.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)