Concello: A Veiga
Lugares: A Espía, Nafarea, Meredo, Xaraz, Sestelo, Piantón
Transporte: Coches particulares
Distancia 14 km (sen baixar ao mazo)
Desnivel de subida 260m (sen baixar ao mazo)
O percorrido comenza no lugar da Espía na carretera que sube á
Garganta, a once quilómetros de Vegadeo.
Entra unha carretera asfaltada
es dirección á Nafarea e por ela iremos, disfrutando da vista da
Barranca de Paramios, de Molexón e do río Suarón que acompañaremos augas
abaixo ata o lugar de Ferrería, onde saímos á estrada que entra e
Meredo.
Vista de Molexón na aba da Serra da Bobia. Foto de Carlos Lagarón
A igrexa ben merece unha parada, será un bo lugar para
comer. Continuamos cara ao centro de Meredo, aquí hai unha subida ata
dar co camiño que de novo co Suarón, nos levará a Xaraz , e seguimos ata un punto no que indica a baixada ao mazo de
Meredo, que tamén merece ser visitado aínda que signifique desviarse do
camiño trazado. En decembro de 2019, ao chegar áo aparcadoiro do mazo, atópase un cartel que prohibe o paso, supoño que debido ao mal estado das pequenas pontes e pasos de madeira.
Nada mais cruzar a estrada para continuar co paseo, entra un camiño á dereita que pasa cerca da mina Cancelúa e vese, mentras non medren os eucaliptos, o antigo forno, continuamos cara a Sestelo onde teremos que recuperar parte do desnivel perdido ao baixar ao mazo, sigue a Arcilo, con outra pequena subida e finalmente baixa a Piantón.
Información mais completa do segundo tramo en: Meredo- Piantoń