sábado, 14 de setembro de 2024

Costa de Lugo 7 Lago - Burela

 

Esta etapa salva o escollo da costa de Lugo: A factoría Alúmina - aluminio, e o camiño natural non inclúe os tramos de acantilado, que eu si incorporei.


Concellos: Xove e Cervo

Lugares: Lago, Lieiro, San Ciprián, Madeiro e Burela

Transporte: FEVE

Distancia: 13 km a Madeira, 17,5 seguindo ata Burela

Desnivel: 214 m

Iremos no tren que pasa por Ribadeo ás 11:30 e regresaremos ás 18:35, con billete de ida e volta a Lago. No apeadeiro de Lago saímos cara a dereita, indo pola estrada mais próxima a vía, ata o punto en que a cruza, nese lugar enlazamos co camiño natural e seguimos as súas indicacións ata que aparece á nosa esquerda a chimenea da factoría e unha pista asfaltada que nos leva a praia de Limosa, costeamos ata a desembocadura do Río Covo, visitamos a estructura da que foi unha importante salazón e a pasar a ponte sobre o río Covo.

Seguimos as indicacións da senda do Cantábrico para entrar en San Ciprián e sair por cerca do campo de futbol.

Crúzase a estrada e seguimos as indicacións ata Madeiro, levando así 13 km e podería ser fin de tramo, pero tamén se pode continuar a Burela facendo un total de 17,5 km.