martes, 29 de outubro de 2024

Costa de Lugo 8. Burela - Marzán

 

Concellos: Burela e Foz

Lugares: Burela Cangas, Nois, Fazouro e Marzán

Transporte: FEVE (horarios)

Distancia: 16,8 km

Desnivel: 231 m

O trazado deste tramo coincide exactamente coa senda do Cantábrico. Indo na Feve chegamos a Burela ás 12:08 e regresamos desde Marzán ás 18:16. En seis horas temos tempo para facer o percorrido completo, comer e incluso tomar o café en Marzán.

Se a distancia resulta excesiva, hai a opción de quedarse en Fazouro, con tempo para visitar o castro, chegar ata a desembocadura do Río Ouro e visitar ese interesante núcleo. Así o percorrido serían 12 km.