Concellos:Barreiros e Ribadeo
Distancia: 16 km
Desnivel: 96 m
Transporte: Feve
Percorrido: Dende o apeadoiro de Reinante camiñar cara o norte para chegar á beira do mar e conectar así co "Camiño natural do Cantábrico" e despois vir cara ao leste seguindo as indicacións.
A parada para comer será na cetárea de Punta Corveira e a continuación tomar o café en Rinlo. Ao chegar ao Portal en vez de ir a península de Celeirós pódese sair á estrada, continuar por ela ata o primeiro desvío á dereita que nos leva ao núcleo de Piñeiraavanzamos uns metros cara a Ribadeo e pola primeira pista de terra, á dereita, vimos cara a Ribadeo con un total de 16 km.
Querendo continuar pola senda costeira, son 24km os que temos ata Ribadeo.