mércores, 4 de novembro de 2026

Montes da mariña 10: Xuances - Xove

 

Powered by Wikiloc

Concello : Xove
Lugares: Xuances, Río Guiulán, Camba, Toimil, Vilapol, Xove
Transporte: FEVE (consulta horarios)
Distancia: 13,6 km

Saíndo do apeadoiro de Xuances, vaise cara a dereita para subir á estrada LU-P-2607, atravesala e continuar paralelas á vía rápida cara ao polígono industrial de Xove. Na primeira oportunidade pásase baixo a vía rápida e se continúa e paralelo a ela, pola outra marxe parasubir a ver o pequeno salto de auga do río Guilán, o que implica unha pequena subida e un paso dudoso para cruzar o regato, augas arriba do salto.
Visto o salto, vólvesa cara abaixo para volver a pasar baixo á estrada e achegarse ao póligono, e buscar a estrada que deixamos antes , no lugar de O cruceiro. Rodéase Pereiraboa e vaise cara a Camba e ao monte Tuimil ata dar coa estrada LU-P-2607 ata chegar ao lugar de Toimil.
Por camiños, próximos ao rego dos Espadanos vaise a Vilapol e visto o lugar, vólvese a coller dirección  sur, a entrar de novo no bosque e pola rúa Generosa Vilalva B ir indo ata Xove pobo, onde se colle o tren de regreso.