Powered by Wikiloc
Transporte: Feve
Distancia: 13 km
Desnivel: 454 m
Percorrido: Dende a estación imos cara ao sur, atravesamos a estrada xeral e continuamos na mesma dirección, seguremos pola aba do monte Penabor, cara á Ínsua, rodeamos a canteira e baixamos xunto ao rego da Barranca ata as primeiras casa de San Miguel.
Sen chegar a cruzar a autovía iremos cara ao leste ata o círculo lítico de Reinante, baixamos a ver unhas árbores senlleiras xunto á igrexa de Santiago de Reinante e seguimos cara ao norte ata a estación se temos nela o coche para volver a casa sen ter que esperar a chegada do tren, senón haberá que seguir ata a Yenka ata a hora de paso do tren .