Concello: A Veiga,Castropol
Lugares:Presa, Vilavedelle, Lantoira, Praia verde, Barco do cura, Fontela, Castropol, Moldes.
Distancia:13,5 km
Traxectoria: wikiloc
Percorrido: Saímos da estación de FEVE da Veiga cara á Veiga e na segunda entrada asfaltada, á esquerda, entramos na rúa Volta da folla para coller un camiño que nos sube á rúa Galera, na senda Vegadeo- Tapia.
Imos por ela ata Lantoira e baixamos á esquerda para cruzar a estrada xeral e dirixirnos pola Granda ata Praia Verde, despois ao barco do cura, subir ao que foi Serrasa e seguir en dirección a Castropol.
Caleira Foto de José Barcia |
Pouco antes de chegar á estrada xeral, baixa un camiño á praia de Fontela que continúa ata o muelle e por el seguimos a Punta de Castropol, e a casa Vicente, pódese axustar o tempo tomando algo con saber que o tren pasará ás 18:18 e que faltan 2,5 km.
Illa no Esquilo Foto de José Barcia |
Cruzamos de novo a estrada para subir a Moldes e ir a estación de FEVE.