Concello: Castropol
Lugares: O Valín, Berruga, As Campas , Barres, Donlebún, As Figueiras. Ribadeo
Distancia: 13,5 km
Desnivel: 166 m
Transporte: Feve
Percorrido: Sáese da estación de Castropol pola pista alquitranada e cóllese tres veces á esquerda para situase na pista que vai pola aba do pico San Marcos. Xa estamos no camiño de Santiago e por el se sigue entre piñeiros ou árbores de ribeira ata aproximarnos Ás Campas e despois por lugares mais abertos e xa con algunha vivenda ata achegarnos ao campo de futbol de Barres.
Cruzamos a estrada e rodeando a Igrexa de San Esteban imos cara a Donlebúne a senda costeira que seguimos ata As Figueiras, lugar que merece un paseo polas súas escaleiras e calellas.
Pasamos a ponte, e xa eatamos de volta en Ribadeo