martes, 28 de marzo de 2023

Río Ouro


Concello: Foz

Parroquia:Fazouro                
Distancia:11km                               
Desnivel: Inapreciable
Transporte: Feve  (consulta horarios)
Percorrido: Comézase a camiñar no apeadoiro de Fazouro para ir cara ao mar, caendo á esquerda a visitar uns restos arqueolóxicos. Trátase dun castro litoral romanizado. As bases das vivendas son rectangulares, a diferencia das de castros anteriores que eran circulares; a estructura do conxunto é pentagonal, ocupando 7000 m2.
Séguese a liña de costa ata chegar a desembocadura do Río Ouro, fronte a praia da Pampillosa. Pásase baixo as pontes do tren e da estrada e xunto a ponte de ferro que era parte da N634. Vaise á beira do río por un tramo asfaltado, pásase a igrexa, o cemiterio de Fazouro e o río por unha ponte de pedra. 


A poucos metros hai unha pista de terra á dereita onde se ve o primeiro dos indicadores da senda que ao longo de cinco quilómetros vai por paraxes cada vez mais agrestes.
Parece que se viaxa no tempo, pasando do canal de fibrocemento a unha canalización feita na rocha e do bosque seco de eucalipto a lugares húmidos, con árbores propios e antigos. Tamén lembra outra época o pazo dos Condes de Fontao, relacionado coa concesión do condado de Foz, en tempos de Isabel II.  
  

O final da senda un salto de auga represada desde o que se volverá ao apeadoiro de Fazouro, onde haberá que estar antes das 17:50.  
Como este paseo é pequeno e sobra tempo, é mellor continuar pola senda costeira ata chegar a praia de Llas, onde iremos, pola rúa Torques do castro, ao apeadoiro de Marzán e aínda se pode tomar o café no bar que está frente á gasolineira.
               Teresa Díaz Estévez



mércores, 1 de marzo de 2023

Río Xunco


Concello: Cervo
Distancia: 14 km
Transporte: Feve  (consulta horarios)

Sinopse: O paseo vai ao son do Río Xunco, que dende a Praia de Rueta vai ao Paseo dos Namorados en Sargadelos.
Percorrido: Utilizando como medio de transporte o FEVE o paseo comeza, e remata, na parada de Madeiro, ao baixar do tren imos á esquerda para saír á estrada da costa que logo cruzaremos e deixaremos para dirixirnos á praia de Rueta, sen baixar ao areal, na curva na que temos unha linda vista da desembocadura do río Xunco, temos tamén, a nosa dereita, a entrada dun carreiro que atravesa as vías do tren e vai un par de quilómetros á beira do río. 
O camiño está limpo e ben trazado, entre as frondosas e a vexetación de ribeira con grandes fieitos, facendo o paseo moi grato. Unha vez na estrada xeral hai que atravesala e camiñar pola beira do río, agora á nosa dereita. Pásase o río, mais adiante por unha fermosa ponte de pedra e aínda que logo sae a unha estrada, vólvese a baixar e pasar a ponte para seguir co río á nosa dereita ata saír a un muiño cerca da Praza do Souto, centro de Cervo, no que está o Ecomuseo Terras de Azul Cobalto e o Parque da Lobeira.

O paseo continúa, sempre á beira do río, por detrás do Ecomuseo, enlazando co camiño real e pasa polos vestixios da antiga fábrica de Louza e polos Muíños, chegando ata a Fonte da Tella, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos: Sala de Arte nas antigas carboeiras, os cuarteis restaurados, muros dos edificios da antiga fábrica de fundición, as bocas dos fornos, senda botánica, Paseo dos Namorados, o museo da Casa de administración, o Pazo de Ibáñez, …. Para ver todo esto fai falta mais tempo do que dispoñemos, así que daremos a volta no muíño do Mornelo, e para a interesante visita relativa a Sargadelos, recomendo ir por semana, a Cervo, no autobús das 11 e regresar no das 5 ou no das 7 da tarde 


  
Dependendo do transporte público, convén ter calculado o tempo necesario para o regreso que será polo mesmo camiño. 
Teresa Díaz Estévez

sábado, 4 de febreiro de 2023

Río Covo




Track: wikiloc

Concello: Cervo

Parroquia: Lieiro – San Ciprián

Distancia:12 km
Transporte: Feve  (consulta horarios)

Percorrido: Tomando como punto de partida a estación de FEVE de San Cibrao hai que baixar á estrada e dirixirse á esquerda ata chegar a unha curva pechada para ver un camiño que á dereita vai cara ao río Covo, na súa beira, o paseo vai augas arriba achegándose a unha ponte medieval, pouco antes dela sae un carreiro que vai ao son do río. 


Pasado o primeiro grupo de casas, e unha ponte, vese unha fonte na marxe dereita da estrada, detra dela, sae outro carreiro, por o que se volve cara ao mar ata chegar a Lieiro.  

Pasando xunto a igrexa vaise en dirección noroeste ata a costa, cerca da factoría de Alúmina, desde alí pódese vir polos penedos de granito ata a praia da Areosa onde pola estrada paralela á costa baixaremos as antigas fábricas de salga, á beira da Ría de Lieiro, desembocadura do río Covo.
Camiñando cara a San Cibrao polo paseo peonil  vese a construcción, aberta e pensada como expositor, que reproduce a das antigas carpinterías de ribeira. Continúa o paseo polas praias, pasa polo istmo, e indo cara á esquerda vaise ganando altura por congostras e escaleiras ata chegar ao faro. 

Rodeada a península e sempre a beira do mar o paseo segue ata o campo de fútbol de Belavista. Ao seu remate continúa un carreiro, primeiro de terra e despois  por as rochas de granito que forman este litoral. 

Chegando ao Portelo unha senda sae á estrada da costa e por a que se vai cara a San Cibrao. Para evitar o asfalto, éntrase por a primeira pista á esquerda, que ten unha ponte sobre a vía do tren, levando a  mesma dirección que a estrada ata chegar a unha estrada actualmente en obras na que se baixa á dereita chegando así ao punto de partida.


Teresa Díaz Estévez

sábado, 7 de xaneiro de 2023

Río Sangüento



Trazado: wikiloc

Concello: Xove

Lugares: Rego Sangüento, O Tarolo, Igrexa da Regueira

Distancia: 13 km

Transporte: Feve  (consulta horarios)

Sinopse: Partindo da estación (madereira) de Xove, vaise polo paseo preparado á beira do Río Sangüento ata A ponte do Carro, na Rigueira, seguindo a chamada “Ruta dos Muiños” 





Ao chegar á estrada crúzase para continuar á beira do río ata a parroquia de San Miguel.


O regreso será volvendo ao norte por camiños rurais ata chegar a Xove onde se collerá o tren de regreso despois de tomar un cafetín.
.







 


 



sábado, 3 de decembro de 2022

Río Landro. Viveiro

 


Distancia: 12 km á estación de Viveiro, 14,5 ao apeadoiro de Viveiro.

Lugares: Covas, Praia de  , río Landro, Portochao; Viveiro.

Transporte: Feve  (consulta horarios)

Percorrido: O do mapa.



A paseo fumos 34 persoas, o maior número de participantes.




mércores, 31 de agosto de 2022

Vilapedre - Porto de Vega - Barayo - Vilapedre

Concello: Navia

Transporte: Feve  (consulta horarios)

Distancia: 14,1 km

Percorrido: Saímos de Vilapedre cara á praia de El Picón e ao chegar á senda costeira iremos ao leste para visitar Porto de Vega. Continuamos pola senda ata a praia de Barayo e imos cara ao interior para regresar ao apeadoiro de Vilapedre.

domingo, 31 de xullo de 2022

Medal - Medal

 


Concello: Coaña

Lugares: Medal, Piñera, Jarrio

Distancia: 14 km

Transporte: Feve  (consulta horarios)

Sinopse: Sair do apeadoiro de Medal cara ao noroeste ata a praia de Medal, alí ir cara ao leste ata Piñera, baixar ás praias da ría de Navia e ir Jarrio , ver o castro de Mohías e regresar ao tren no mesmo apeadoiro

Percorrido: O texto está detallado nas outras dúas entradas para a costa de Coaña.