Distancia: 16 km por pistas de terra e moito alquitrán
Concellos: Foz e Barreiros
Lugares: O Centiño, A Espiñeira, Celeiro, Merille, San Cosme.
Transporte: FEVE
Percorrido: Saíndo da estación de Foz, ir á Espiñeira, e polo camiño de San Rosendo ir ao son do Masma ata a ponte de Rexa.
Tamén se pode atravesar pola ponte anterior, do Barral, e queda o paseo nos 12 km de rigor.
Pasar ao concello de Barreiros e voltar pola outra beira, augas abaixo ata sair á estrada. Haberá que ir por ela, con todo o cuidado uns 50 m para atravesala e ir por unha pista agora escuitando o rego do Santo Estebo ata estar baixo a autovía que non atravesamos aínda que si un dos seus accesos . E seguimos por Merille a San Cosme.
Nada que ver este percorrido cos dos ríos anteriores.