venres, 24 de maio de 2024

Costa de Lugo 4 Covas - Xuances

 De Covas a Monte Faro

Powered by Wikiloc


Concello: Viveiro

Lugares: Viveiro, Celeiro, Area, Monte faro, Xuances

Transporte:  Transporte: Feve  (consulta horarios)

Distancia: 15,0 km ( sen subir ao faro 12,6)

Percorrido: Iniciamos o paseo no apeadoiro de Viveiro, ás 12:40, baixamos cara á ría e seguiremos o camiño natural do Cantábrico ata a praia de Portonovo, pasando por monte faro. Voltaremos cara ao sur, por Xuances, para ir ao apeadoiro, por onde pasará o tren ás 17:25 ; dispoñemos polo tanto de catro horas e media para camiñar, comer e incluso darse un baño. 

mércores, 1 de maio de 2024

Costa de Lugo 3 Mosende - Covas


Powered by Wikiloc

Concellos: O Vicedo  Viveiro

Lugares: Mosende, Abrela, Patarroa , Covas

Distancia: 11 km

  Transporte: Feve  (consulta horarios)


Está previsto comenzar a camiñar na estación de Mosende ás 12:53, en dirección norte ata chegar ao mar, no extremo da praia de San Román, onde atopamos o camiño natural do Cantábrico, e por el viremos ata Covas, onde colleremos o tren ás 17:25.

Se vimos con tempo de sobra podemos tomar un café ou seguir á estación de Viveiro, por a que pasa o tren ás  17:29



domingo, 4 de febreiro de 2024

Costa de Lugo 2 O Vicedo - Mosende

 2ª etapa do Camiño pola costa de Lugo seguindo a ruta do Cantábrico, co tren como transporte

Powered by Wikiloc

Concello: O Vicedo
  Transporte: Feve  (consulta horarios)
Distancia: 13,3 km
Tempo: 4,x h
Desnivel: 420 m

Partimos da estación de O Vicedo ca a praia de Xilloi, para continuar onde o deixamos no tramo anterior
Punta Cameiro frente a Illa Coelleira
Miradores Tixoso, Moreiras , Ribeira e Punta Lodelas
Praia de San Román
Opción: Pasada a praia de Xilloi, e ganada algo de altura, ir á dereita cara ao mirador de Tixoso, deixando sen rodear o montículo que hai frente a illa Coelleira. 
Regreso desde a estación de Mosende

Costa de Lugo 1 O Barqueiro - O Vicedo

 

Camiñamos pola costa de Lugo seguindo a ruta do Cantábrico, co tren como transporte

Powered by Wikiloc
    

Concello: O Vicedo
Transporte: Feve  (consulta horarios)
Distancia: 10,5 km
Tempo: 4 horas
Desnivel: 250 m
    
    Procedentes de calquera punto da costa de Lugo, chegamos á estación de O Barqueiro á unha de mediodía, paralelo ao andén temos o camiño natural da ruta do Cantábrico polo que comenzamos a camiñar cara ao leste para cruzar a Ría do Barqueiro, pola ponte de ferro  e entrar na provincia de Lugo.






En baixamar pódese chegar ao Vicedo pola fermosa praia de Arealonga, coa marea alta haberá que seguir as indicacións da senda costeira que tamén sairán á praia algo mais adiante.
Pasada a praia dos Castelos hai un paseo con moitos bancos, perfectos para comer e sen demorarse moito continuar coa senda polo porto, a praia do caolín e por fin a praia de Xilloi, desde a que volvemos ao Vicedo para coller o tren que pasa  (febreiro 2024) ás 17:12.
Este tramo é breve por dispoñer tan só de catro horas para realizalo. 

domingo, 3 de decembro de 2023

Castropol Ribadeo polo camiño de Santiago e a senda costeira

Concello: Castropol

Lugares: O Valín, Berruga, As Campas , Barres, Donlebún, As Figueiras. Ribadeo

Distancia: 13,5 km

Desnivel: 166 m

Transporte: Feve  (consulta horarios)

Percorrido: Sáese da estación de Castropol pola pista alquitranada e cóllese tres veces á esquerda para situase na pista que vai pola aba do pico San Marcos. Xa estamos no camiño de Santiago e por el se sigue entre piñeiros ou árbores de ribeira ata aproximarnos Ás Campas e despois por lugares mais abertos e xa con algunha vivenda ata achegarnos ao campo de futbol de Barres.

Cruzamos a estrada e rodeando a Igrexa de San Esteban imos cara a Donlebúne a senda costeira que seguimos ata As Figueiras, lugar que merece un paseo polas súas escaleiras e calellas.

Pasamos a ponte, e xa eatamos de volta  en Ribadeo


xoves, 1 de xuño de 2023

Río Suarón: De Piantón a Meredo


Powered by Wikiloc

Concello: A Veiga                                                        
Lugares: Piantón, Arcilo, Sestelo, Meredo, Cobre, Piantón
Distancia: 12 km (+ 6 indo na FEVE)
Transporte: Feve  (consulta horarios)




Percorrido: Saíndo de Piantón pola  ponte de tres arcos, sóbese polo camiño de Arcilo e de alí a Cobre por unha pista alcatranada, que acaba na casa máis alta, gallando en dúas pistas de terra, cóllese á dereita para ir ata El Foxo. Ao chegar á estrada e atravesala, un camiño de terra segue a Grandameá onde volvemos á estrada, uns metros, ata outro camiño á esquerda que nos leva por encima da xeral, desde Grandameá ata Xaraz.

Neste tramo vemos Meredo onde destaca a casona palacio de Rodríguez de Cancio (s,XVIII) e a igrexa parroquial Santa Marina con planta de cruz latina.sempre á esquerda pásase o núcleo de Xaraz, e despois a fonte. Pola pista de terra, desde onde se ven na ladeira da enfronte ata tres cortíns, construccións circulares para protexer os trobos, continúase uns metros atendendo ao carreiro que logo se atopa para baixar á dereita ao aparcamento do mazo.         
   
Báixase ao mazo, restaurado, é o lugar para refrescarse e comer. De volta ao aparcamento iníciase a subida por onde se baixou, e ao 10 metros  aproximadamente entra un carreiro á dereita que con unha subida suave volve ao camiño  que viña de Xaraz ancho e fácil de andar.
            Ao ir subindo, vese, sobre o mazo, o monte do Castelo, onde segundo Castrillón estivo o Castelo do Suarón., fortificación medieval que foi centro de actividades e capital militar do territorio denominado Honor del Suarón  situado entre as rías de Navia e Ribadeo, desde o mar ata Pesoz.


Poucos metros mais adiante está a mina da Cancelúa, para visitala é preciso levar lanterna.. Seguimos por un bosque de carballos, loureiro acivro e aloliqueiras  ou madroños ata chegar a altura da casa de Sestelo: caserón construído no século XIX como fábrica de papel, que se empregou como orfanato dende 1937 ata o 51. Hoxe está parcialmente reconstruída. Ten presa para a central eléctrica propia e unha finca con variedade de árbores.
            Segue un carreiro monte arriba ata unha pista ancha de terra  que desemboca nunha alcatranada, fronte a Samagán, pola que se continúa ata completar unha curva pronunciada en U. Déixase a estrada por unha pista de terra que baixa cara ao río e pouco antes de chegar a auga, xunto a un poste de alta tensión, cámbiase a un camiño con herba, e auga, que vai á zona de baños de Piantón. 

Desde alí sube en zig-zag e continúa paralela ao Suarón ata regresar a Piantón, antiga capital do concello de Vegadeo, onde destacan a praza, a igrexa parroquial de San Esteban (s XVI-XVII). con tres retablos de imaxinería barroca, e a casona rural Casa do Rego  có seu pombal octogonal
Teresa Díaz Estévez

domingo, 30 de abril de 2023

Río Masma


<
Powered by Wikiloc

Distancia: 16 km por pistas de terra e moito alquitrán

Concellos: Foz e Barreiros

Lugares: O Centiño, A Espiñeira, Celeiro, Merille, San Cosme.

Transporte: Feve  (consulta horarios)

Percorrido: Saíndo da estación de Foz, ir á Espiñeira, e polo camiño de San Rosendo ir ao son do Masma ata a ponte de Rexa.
Tamén se pode atravesar pola ponte anterior, do Barral, e queda o paseo nos 12 km de rigor.
Pasar ao concello de Barreiros e voltar pola outra beira, augas abaixo ata sair á estrada. 
Opción 1 Haberá que ir por a estrada, con todo o cuidado uns 50 m para atravesala e ir por unha pista agora escuitando o rego do Santo Estebo ata estar baixo a autovía que non atravesamos aínda que si un dos seus accesos . 
Opción 2  Cruzar a estrada e subie  ata unha pista paralela á xestrada que collendo  á esquerda nos leva a pasar sobre a autovía e continuamos  sempre cara á esquerda, pola vía de servicio , que rematará ao chegar ao punto no que a autovía pasa a ser aérea. Haberá que baixar por un carreiro costo e pasar un regato para enlazar coa pista que vai baixo a autovía, agora indo á dereita.
E seguimos por Merille a San Cosme.
Nada que ver este percorrido cos dos ríos anteriores.