venres, 2 de xullo de 2021

Vilavedelle Castropol

 

Concello: Castropol  

Distancia: 11 km  

Transporte: Feve  (consulta horarios) / Lancha 

Percorrido: Imos na Feve ata Vilavedelle, visitaremos este descoñecido lugar, aínda que para evitar a estrada teremos que voltar cara ao apeadeiro e seguir a pista que vai a Lantoira. 

De alí baixamos para atravesar a estrada N-640 e ir cara a Punta Veloso sorteando o centro de tratamento de augas. 

Entre pinares seguimos ata praia verde, cos seus tres fornos de cal, baixaremos depois a Fontela. 

Continuamos en dirección a Castropol, e ao aproximarnos de novo á estrada N-640 nos desviamos cara á ría para chegar por camiños ata o paseo do muelle. 

Para finalizar o paseo cumpre dar unha volta por Castropol e volver ao peirao para embarcar cara a Ribadeo

domingo, 23 de maio de 2021

Queixoiro

Concellos: Ribadeo Trabada

Parroquia: Cedofeita

Lugares: Requiande, Queixoiro, San Fernando, Teixido, Atarola, Marelle

Distancia: 11,5 km ou 14km subindo ao pico de San Fernando

Desnivel: 425m ou 522m subindo ao pico

 


>

Deixando o coche en RequiandeComénza a subida no barrio de Queixoiro ao son do rego, por unha pista asfaltada que ao achegarse ao monte xira en ángulo recto, nese punto a deixamos, para seguir cara arriba pola pista de terra mais á dereita, das dúas que vemos. E seguimos subindo unha vez acadado o nacemento do regato, o camiño vira cara ao norte e en poucos minutos aparece unha pista , con pendente forte, pero breve, que nos levará ao campo de San Fernando.

A capela é un bo sitio para comer e esperar placidamente a que a xente que tivo interés en subir ao pico de San Fernando (2,5 km e 100m de desnivel) a ver as magníficas vistas que ofrece.

Baixaremos despois polo monte a Teixido e sen entrar no núcleo de Piñeiro imos subindo cara a Atarola para baixar a Marelle e pechar o circuíto de novo en Requiande

luns, 5 de abril de 2021

xoves, 1 de abril de 2021

Reme de abaixo, Porto, Santalla, Reme de Arriba

 

Mapa en wikiloc: Ligazón 

Concello: Ribadeo

Parroquias: Santalla de Vilaosende, Couxela, Covelas

Distancia:12 km

Peculiaridade: ruta practicable so cando a vía do tren está desbrozada

Percorrido: O punto de partida está na entrada da estrada que sube a Lourido, son 12 km , con pouco desnivel por sendas verdes, pola vía do tren de Vilaodrid ata Porto,

por unha pista forestal de Porto a Santalla, con boas vistas do Río Eo, 

 



por un camiño de Santalla a Santomé que pasa polo campo dos bolos, que nunca soupen que é nin onde está.

 


Polo río ata Reme onde, na Ponte da Acea

 

 entramos na fraga que ten todo o ten que ter unha fraga, lama para esbarar, paos para tropezar e carrachas de compañía (usen ustedes elinwas como repelente), e tamén ten (estos días) un camiño aberto a golpe de motoserra e fouciño para facilitarnos o paso.

sábado, 6 de marzo de 2021

Ribadeo Reme pola vía do tren de Vilaodrid

Trazado en wikiloc: Ligazón

Concello: Ribadeo

Parroquias: Ribadeo, Ove.

Distancia 12 km

Peculiaridade: So se pode realizar cando a vía está desbrozada.

Percorrido: Sair de Ribadeo pola Vilavella, pola senda marcada ata as Aceas, atravesar o dique da acea e subir á estrada xeral pola que hai que avanzar 150 m cara a Veiga, chegando á entrada que baixa á vía do antigo tren.

Camiñar pola vía ata Reme, e van 6 km, nese punto vir cara a Ribadeo pola estrada, 30 ou 40 m, e subir pola pista asfaltada que vai a Frieira para regresar a Ribadeo con un paseo de 12 km.

Este paseo pode prolongarse amecéndolle o paseo Reme-Porto Reme para o que actualmente (2022) hai que salvar a desembocadura do Río Grande pola estrada. Entrar en dirección a Lourido e antes de iniciar a costa xa vemos, paralelo á ría o trazado da vía que seguiremos ata que de repente se acaba onde nalgún tempo houbo unha ponte. Desandamos 15 ou 20 metros e con unha breve subida polo monte atopamos un camiño que nos leva na dirección adecuada, cara á Veiga. 

Neste tramo veremos zonas anegadas por augas eutrofizadas e ao final da recta un túnel que podemos atravesar, saíndo ao sur de Porto de Abaixo. E polo de agora non se pode continuar, toca dar a volta ou seguir á Veiga en busca de transporte para regresar.  






domingo, 1 de novembro de 2020

Marelle Rego do Galo

 Marelle - Rego do galo.

Concellos: Ribadeo Trabada

Parroquias: Cubelas, Couxela, Cedofeita e Balboa
 
Lugares: Marelle, Alto da Tarola, O pedredo, Rego do galo, Sequeiro, As Cabanas, Piñeiro, Queixoiro e Requiande

Transporte: Coche particular ata Marelle

Distancia 14,5 km

Desnivel 500 m
Percorrido: Desde Marelle, por un camiño de monte, súbese á Tarola e imos á esquerda cara a Couxela ata a primeira pista á dereita por a que rodeamos Couxela baixando cara ao rego que limita con Trabada, subimos logo pola beira da finca de Rego do galo e ao chegar ao asfalto imos cara a dereita , subindo ata o indicador de Sequeiro, onde entramos para poder ver a panorámica cara ao surleste, rematado o asfalto seguimos de frente e o camiño nos irá dando a volta e nos volverá a levar ao asfalto.

Baixamos cara ao río e entramos pola pista que atopemos cara á dereita que nos trae de novo ao concello de Ribadeo na parroquia de Cedofeita, no barrio de Piñeiro, lugar de Aldea. Curiosa a igrexa. Imos pola estrada ata a escola e baixamos cara a Queixoiro e Requiande para buscar a pista, sempre enlamada, que leva a Marelle.

Hai unha opción mais sinxela comenzando e rematando o paseo en Piñeiro . 

    

mércores, 4 de decembro de 2019

Da Espía a Piantón

Concello: A Veiga

Lugares: A Espía, Nafarea, Meredo, Xaraz, Sestelo, Piantón

Transporte: Coches particulares

Distancia 14 km (sen baixar ao mazo)

Desnivel de subida 260m  (sen baixar ao mazo)
Trazado: wikiloc  (baixando ao mazo)
Trazado: garmin (sen baixar ao mazo)
 

O percorrido comenza no lugar da Espía na carretera que sube á Garganta, a once quilómetros de Vegadeo.
Entra unha carretera asfaltada es dirección á Nafarea e por ela iremos, disfrutando da vista da Barranca de Paramios, de Molexón e do río Suarón que acompañaremos augas abaixo ata o lugar de Ferrería, onde saímos á estrada que entra e Meredo.
                                Vista de Molexón na aba da Serra da Bobia. Foto de Carlos Lagarón

A igrexa ben merece unha parada, será un bo lugar para comer. Continuamos cara ao centro de Meredo, aquí hai unha subida ata dar co camiño que de novo co Suarón, nos levará a Xaraz , e seguimos ata un punto no que indica a baixada ao mazo de Meredo, que tamén merece ser visitado aínda que signifique desviarse do camiño trazado. En decembro de 2019, ao chegar áo aparcadoiro do mazo, atópase un cartel que prohibe o paso, supoño que debido ao mal estado das pequenas pontes e pasos de madeira.

Nada mais cruzar a estrada para continuar co paseo, entra un camiño á dereita que pasa cerca da mina Cancelúa e vese, mentras non medren os eucaliptos, o antigo forno, continuamos cara a Sestelo onde teremos que recuperar parte do desnivel perdido ao baixar ao mazo, sigue a Arcilo, con outra pequena subida e finalmente baixa a Piantón. 

Información mais completa do segundo tramo en: Meredo- Piantoń