mércores, 29 de abril de 2026

Montes da mariña 4: Foz - Ermo - Barreiros

Powered by Wikiloc

Concellos: Foz e Barreiros

Transporte: FEVE (consulta horarios)

Distancia: 17 km

Desnivel: 310 m

Percorrido: Cruzando as vías en Foa, imos cara a esquerda , pasando por diante do Xoíña e entrando despois á cereita para ir por pistas ata Vilaronte feira, fermosa prza, seguimos agora as indicacións do camiña natural de San Rosendo ata chegar á ponte do Barral; neste punto deixamos Foz para entrar en Barreiros, imos indo cara ao norte  para sair á estrada pola que , con moita precaución, baixaremos uns trinta metros e cruzamos  para coller o camiño que vai paralelo ao rego do Santo Esteban , que nos levará ata a capela, merendeiro e cascada de Santo Estevo do Ermo.

Abandoamos o lugar en dirección a San Cosme, onde é moi difícil tomar un café os fines de semana, e baixamos á estación  a coller o tren de regreso

 


martes, 3 de marzo de 2026

Montes da Mariña 3: Barreiros- Ínsua-Reinante

 

Powered by Wikiloc

Concello
: Barreiros 

Transporte: Feve   (consulta horarios)

Distancia: 13 km 

Desnivel: 454 m 

Percorrido: Dende a estación imos cara ao sur, atravesamos a estrada xeral e continuamos na mesma dirección, seguremos pola aba do monte Penabor, cara á Ínsua, rodeamos a canteira e baixamos xunto ao rego da Barranca ata as primeiras casa de San Miguel.
Sen chegar a cruzar a autovía iremos cara ao leste ata o círculo lítico de Reinante, baixamos a ver unhas árbores senlleiras xunto á igrexa de Santiago  de Reinante e seguimos cara ao norte ata a estación se temos nela o coche para volver a casa sen ter que esperar a chegada do tren, senón haberá que seguir ata a Yenka  ata a hora de paso do tren .

Montes da mariña 2: Reinante-Comado-Rinlo

 

Powered by Wikiloc

Concellos: Barreiros e Ribadeo 

Transporte: Feve    (consulta horarios)

Distancia:13.6 km 

Desnivel : 472 m 

Percorrido: Desde a estación de Reinante imos cara ao sur pola estrada da praia, ata chegar á estrada xeral, que atravesamos e continuamos cara ao sur deixando o Amadora a nosa dereita, imos así ata igrexa de Santiago, vemos as árbores senlleiras e continuamos ao círculo lítico, pasamos sobre a autovía e imos medio quilómetro cara ao oeste para atopar a pista que sube ao Comado. Este tramo concentra o desnivel do paseo. 
O camiño continúa baixando a Nocedae desde alí por a estrada cara á igrexa da Devesa, o final de este tramo pode facerse por un camiño, baixo a liña de alta se non choveu, pero se está mollado mellor será continuar pola estrada. 
 Seguiremos cara ao Rato e á estación de Rinlo, onde podemos esperar o tren ou ben seguir outros 5 km ata Ribadeo

domingo, 28 de decembro de 2025

Montes da mariña 1: Rinlo - Vilela - Ribadeo

Powered by Wikiloc


Concello: Ribadeo
Parroquias: Rinlo, Cubelas, Ove
Transporte: Feve   (consulta horarios)
Distancia: 16 km
Desnivel: 400m

Percorrido: Chegamos a Rinlo no tren procedente de Ribadeo e saímos á estrada para ir á dereita cara ao bar stop, onde nos esperan os paseantes que chegaron procedentes de Foz, Burela,....
Cruzamos a estrada N-634 e imos cara ao monte, atravesando a madanela pasamos sobre a autovía e comenzamos a subida por a pista forestal ata o quilómetro 6, no punto marcado con varios carteis de montes veciñais, xa que, augas vertentes, alí cambian as parroquias.
Imos cara á esquerda, dirección sur, entrando nos montes de Vilela, durante 1km, aproximándonos ao nacemento do Rego da Silveira, baixamos canda el, atravesamos Vilela, pasando por baixo da estrada nova e imos ao Carboeiro, subimos por cerca do Rega da Rata e sin chegar a sair á estrada, damos co camiño de Santiago, polo que voltamos a Ribadeo. 

luns, 30 de decembro de 2024

Costa de Lugo 10 Reinante - Ribadeo

 

Powered by Wikiloc
 
  Concellos:Barreiros e Ribadeo 
  Distancia: 16 km 
  Desnivel: 96 m 
  Transporte: Feve  (consulta horarios)
  Percorrido: Dende o apeadoiro de Reinante camiñar cara o norte para chegar á beira do mar e conectar así co "Camiño natural do Cantábrico" e despois vir cara ao leste seguindo as indicacións. A parada para comer será na cetárea de Punta Corveira e a continuación tomar o café en Rinlo. Ao chegar ao Portal en vez de ir a península de Celeirós pódese sair á estrada, continuar por ela ata o primeiro desvío á dereita que nos leva ao núcleo de Piñeiraavanzamos uns metros cara a Ribadeo e pola primeira pista de terra, á dereita, vimos cara a Ribadeo con un total de 16 km. Querendo continuar pola senda costeira, son 24km os que temos ata Ribadeo.

xoves, 5 de decembro de 2024

Costa de Lugo 9 Foz - Reinante

 

Powered by Wikiloc


Concellos: Foz, Barreiros
Distancia: 17 km
Desnivel: 207 m
Transporte: Feve  (consulta horarios)

Percorrido: Salvamos o peor escollo de este tramo cruzando as vias para ir por unha pista de terra ata o bar Xoíña. Camiñamos un metros pola estrada alonxándonos de Foz ata chegar a unha estrada, vella, que pasa por debaixo de estrada N 642, para entrar na senda costeira en Mañente .
Despois so é seguila ata a costa de Barreiros e decidir se volvemos por Remior á estación de San Cosme ou se continuamos ata a Yenka para coller o tren en Reinante



















martes, 29 de outubro de 2024

Costa de Lugo 8. Burela - Marzán

 

Powered by Wikiloc

Concellos: Burela e Foz

Lugares: Burela Cangas, Nois, Fazouro e Marzán

  Transporte: Feve  (consulta horarios)

Distancia: 16,8 km

Desnivel: 231 m

O trazado deste tramo coincide exactamente coa senda do Cantábrico. Indo na Feve chegamos a Burela ás 12:08 e regresamos desde Marzán ás 18:16. En seis horas temos tempo para facer o percorrido completo, comer e incluso tomar o café en Marzán.

Se a distancia resulta excesiva, hai a opción de quedarse en Fazouro, con tempo para visitar o castro, chegar ata a desembocadura do Río Ouro e visitar ese interesante núcleo. Así o percorrido serían 12 km.