domingo, 8 de abril de 2018

Moldes As Campas Ribadeo


Concello: Castropol    
Lugares: San Juan de Moldes, As Campas, Berbesa, A Liñeira, As Figueiras
Transporte: FEVE  con destino á estación de Castropol (horarios)
Distancia: 10 km.
Percorrido: O  tren déixanos en Valín, un lugar de San Juan de Moldes. Cruzando a vía, un carreiro nos conduce á pista de terra que é parte do camiño de Santiago. Imos cara ao leste por a pista e por un camiño entre prados que nos leva a uns depósitos de auga. Alí o camiño da esquerda continua ata unha ponte da estrada sobre o tren. Pasada a ponte continua un camiño de terra que seguiremos en liña recta e despois de pasar un cruce de pistas,  un carreiro húmido e malo de atopar nos baixa ao Rego Fornelo.
Deixamos alí o camiño de Santiago para seguir á beira do río por Berbesa ata a súa desembocadura na enseada de  O Esquilo. Neste punto hai que subir cara a estrada N 640 e antes de entrar nela, vese a pasarela de madeira que leva ao camiño de A Linera, que atravesamos, e por os camiños de Donlebún, entre cipreses imos aos Molinos e ás Figueiras.
Despois de pasear por as súas rúas, pasaremos a Ponte dos Santos para volver a Ribadeo sobre as catro e media da tarde logo de pasear 10 km .
Teresa Díaz Estévez