domingo, 8 de abril de 2018

Vilavedelle



Concello: Castropol 
Parroquia: Vilavedelle 
Distancia:12km
Como chegar: Na estrada nacional 640, saíndo de Castropol, dirección  a  Vegadeo hai un restaurante, O asador, actualmente pechado, que dispón de un amplo aparcadoiro. Este será o punto de partida para o paseo.
Percorrido: Alí mesmo parte unha pista á dereita e por ela se entra. Nada mais pasar a serra entran no monte dous camiños moi próximos, vaise polo segundo pasando xunto a unha pista de tenis, ata chegar ao camiño que baixa a praia da Regueira. Baixando, visítase a praia e volvese por o mesmo camiño ata atopar un carreiro que rodea esta bagoada, ten algunha silva pero está ben delimitado por paredes de pedra. Avanza entre carballos loureiros e bidueiros para entrar despois nun bosque de piñeiros. A senda a seguir é paralela á ría. Ao levar aproximadamente unha hora de paseo, aparece unha pista que baixa, entre castiñeiros, a praia do Barco do Cura. Deste lugar saían barcos cargados co mineral tratado nos fornos de cal ou caleras que hai na mesma praia. Este dato axuda a comprender a estraña paisaxe pola que paseamos.
Realizando o paseo no devalar da marea, pódese continuar pola beira da auga, pisando pedras e marfollos ata Punta Veloso, lugar excepcional para contemplar as aves da ría.
Xusto en Punta Veloso entra un carreiro, neste tramo entre eucaliptos, que vai subindo ata chegar a un desnivel máximo de 53 metros. Sae o carreiro a un camiño polo que se chega á Granda. Ao chegar ao asfalto vaise á dereita para cruzar a estrada 640 e uns metros á esquerda seguir o indicador de Iramola atravesar este lugar e gañando algo de altura ir a Lantoira, onde se verán indicadores do Camiño de Santiago, e subir á capela da Silvallá . Retórnase ao camiño para ir en dirección norte, ata chegar á estrada que ven de Presno a Sabugo. Despois de pasar a ponte sobre a vía do tren,  atravésase a estrada do Valín para ir en dirección a Vilarrasa onde aparecen os indicadores da senda costeira que agora se seguirá ata o lugar en que se bifurca.
O indicador da esquerda fai referencia a un punto de observación, e merece a pena achegarse a él por ver a panorámica da boca da ría, aínda que haberá que regresar ao lugar da bifurcación para ir cara á cúpula da igrexa de San Juán de Moldes atravesar este lugar e un pouco antes de chegar á estrada se ve un camiño que baixa xusto ao lugar no que quedaron os coches.   
                                                                                  Teresa Díaz Estévez