xoves, 5 de abril de 2018

Portiño de Morás


Concello: Xove

Lugares: O Vilar, Lago, Praia de Lago, Portiño de Morás, Aldea de abaixo, Aldea de arriba, Sumoas, Xove

Distancia: 12 km

Transporte: FEVE

Sinopse: Con billete de ida e volta a Xove, baixámos do tren (previo aviso ao revisor) no apeadoiro de Lago para ir cara ao mar por a Praia de Lago e o Portiño de Morás, asomándonos a ver os cantís do Concello de Xove.


Voltamos para entrar á dereita no lugar de A Aldea de abaixo, onde cada unha das edificacións chama a atención, especialmente polos sillares e columnas de granito.
Un carreiro vai ao oeste á Aldea de arriba desde a que se ven bordeando o embalse de lodos bermellos, refugallo do proceso de fabricación da alúmina, para ir ao sur cara a Sumoas e Xove.
O tren sae da estación de Ribadeo ás 11:30 e o regreso está previsto para ás 18:35.