martes, 3 de abril de 2018

Santo Estevo do Ermo

Parroquia: San Cosme
Concello: Barreiros  
Distancia: 11 km
Transporte: FEVE
Percorrido: Sairemos de Ribadeo no tren, as 11:10, con destino a San Cosme de Barreiros. Poucos metros ó leste da estación pasa a estrada de Remior, pola que iremos cara ao sur ata a estrada N-634. Cruzando a estrada, un camiño con herba segue na dirección que traíamos. Pasa xunto a uns montículos de caolín e remata na estrada que vai a Trabada. Atravesamos  e pouco máis adiante unha pista de terra continúa, ascendendo, en dirección sur. Na primeira bifurcación, polo camiño da dereita, subimos ata a estrada do monte, asfaltada, e collendo á dereita logo volvemos a atopar a estrada de Trabada. Subimos algúns metros e xa vemos o letreiro que indica a pista a seguir.          Camiñando 2´5km chegamos á Capela do Santo Estevo do Ermo; visitamos o seu entorno: A fonte ferruxinosa, o salto de auga con ou sen auga, máis arriba da cascada está a fonte de Santa Rosa, fácil de ver gracias aos panos amarrados ás árbores próximas , e seguindo o curso do río vaise ata as ruínas dun muíño.
         De volta na Capela, comeremos e continuaremos o paseo á beira do Rego  do Santo Estevo, atravesaremos a estrada do monte para seguir polo barrio de Eiras, sempre por camiño de terra pasamos xunto a depuradora e continuamos ata chegar á estrada que baixa á igrexa de San Cosme. Atravesando a xeral baixamos ata chegar á vía do tren, onde por un carreiro á dereita volvemos á estación de San Cosme, para coller o tren que chega ás 18:18 a  Ribadeo.
Teresa Díaz Estévez