Parrroquias: Vilarbetote, Abres, Outeiro, Vegadeo
Distancia:14 km
Sinopse: Paseo á beira do Río Eo, dende Vilarbetote á Ponte de Porto na Veiga. É un paseo camiñando en moitos tramos ao nivel da auga.
Percorrido: Aos oitocentos metros despois de pasar Vilarbetote, entra unha pista á esquerda, que é do trazado da vía do tren de Vilaodrid, ese será o punto de partida de este paseo, para o que convén ter deixado os coches un pouco antes, por exemplo diante dun depósito de auga que hai á dereita.
Seguimos a senda, marcada (que no primeiro tramo non coincide co debuxo xa que este é anterior á limpeza dese tramo de vía) ata un punto no que un montón de terra nos corta o paso; temos que baixar e continuar o paseo pola beira dos prados, seguindo as marcas.
Chegamos a un bar e imos á dereita, pasamos o río, subimos ata as casas e á esquerda temos que camiñar un quilómetro por unha pista ancha de terra, separada do río por uns prados e terras ben aproveitadas para o cultivo. Estamos xa na ruta do extraperlo 4 km dun camiño que polos prados da ribeira vai dende a chaira de Abres ata Louteiro.
De novo a esquerda, unha baixada pronunciada nos leva a un fermoso lugar na beira do río, e por ela continuamos, mais adiante atopamos un camiño feito con firme de táboas nalgúns tramos, para facilitar o paso por esa zona. Ten paneis con información da flora, da fauna e do tipo de humedais. Hai épocas nas que esbara igual que unha pista de xeo.
Seguindo o trazado chegaríamos a Miou e de alí baixamos á Veiga, ou ben sen chegar a Miou, pódese atravesar cara a ponte de Porto, saíndo xunto á casa de arbitrios, para disgusto de un veciño do lugar.
Teresa Díaz Estévez