Concello: Valdés
Lugares: Canero, Caroya, Barcia
Distancia: 10 km
Transporte: FEVE
Percorrido: Comeza o paseo na estación de Canero, onde se sae á esquerda ata a estrada xeral, que se atravesará para subir á ermida desde onde se continúa seguindo os sinais do camiño de Santiago que nos levan cara ao Río Esva para ir a súa beira ata a desembocadura na praia de Cueva.
Na marxe oeste da praia, con a marea non moi alta, hai aceso a un carreiro que polo penedo sobe ao cantil, ofertando boas vistas da praia e da costa especialmente do cabo Busto. Vaise á beira do mar ata o camiño que baixa á praia dos muiños, lugar adecuado para comer.
O camiño continúa sempre ao oeste, subindo á sombra de frondosas e piñeiros, chegando as primeiras casas de Barcia, e atravesando o lugar, rico en valores patrimoniais.
A saída de Barcia, á esquerda, cara ao mar e mais adiante de novo á esquerda, atópase a apeadoiro de FEVE en Barcia, punto final deste percorrido.

Teresa Díaz Estévez