Concello: Trabada
Parroquia: Vilapena.
Distancia: 10 km
Sinopse: Paseo perfectamente sinalado, que ademais dos paneis informativos destaca lugares da fraga onde houbo labores como as dos carboeiros. O tempo estimado do paseo e de catro horas. Hai unha variante de 6km con 200m de desnivel, a realizar en dúas horas e cuarto.
Percorrido: Para chegar ao punto de partida hai que ir a Vilapena no concello de Trabada. Á entrada deste lugar, indo desde Trabada, está o panel que describe a senda. Visita a aldea antes de internarse no bosque camiñando en dirección leste e sen desniveis ata iniciar a subida ao Alto de Pena Gorda onde se ven os vales de Vilaformán e Vilapena. Regrésase cara ao oeste por unha pista forestal ata un novo panel e unha árbore de indicadores, desde onde se baixa, por un carreiro, xunto ao Rego de Vilaformán ata atravesalo e rematar o paseo no punto de partida.
O paseo é moito mais bonito se en vez de ir á Pena Gorda e rodear a fraga, se corta en diagonal, camiñando polo medio da fraga en vez de por pistas de terra batida. Tamén está moi ben indicado.
Teresa Díaz Estévez