Concello:Castropol
Distancia:16 km
Sinopse:Desde O Campo do Chao vaise camiñando sempre co Pousadoiro á esquerda, 5km, ata chegar á zona de prados, atravésanse para ir a Balmonte desde onde se baixa ao son do río á Veiga dos muíños e a Samagán. Os primeiros 300 metros de baixada son por un camiño en mal estado. o resto do paseo é por pista de terra ancha e libre de maleza
Punto de partida:Campo do Chao. convén ir pola Veiga a Piantón e Samagán, onde se deixará un dos coches, e se collerá a estrada que, por Presno, sube ao Campo do Chao.
Percorrido:Unha vez arriba comeza o paseo traspasando a cancela que impide a saída dos cabalos, ten unha pequena subida durante a que se ve a rasa costeira de Asturias, panorámica que cambia ao chegar ao punto mais alto, pasando a contemplar o val do Suarón que baixa da Garganta, e mais tarde o do Rego dos Cobos, por onde se regresará.
Avánzase pola pista ata aproximarse ao pico Pousadoiro, momento en que se colle cara á esquerda subindo ata chegar a uns casetos de madeira e logo a outra cancela. Pásase, péchase e continúa o paseo entre uns prados baixando ata chegar a Balmonte.
Avánzase pola pista ata aproximarse ao pico Pousadoiro, momento en que se colle cara á esquerda subindo ata chegar a uns casetos de madeira e logo a outra cancela. Pásase, péchase e continúa o paseo entre uns prados baixando ata chegar a Balmonte.
Vaise uns metros pola estrada en dirección á Veiga, ata un camiño que comeza a baixar en dirección a Requeixo. Ao chegar ao lugar no que houbo a corta (referencia que foi válida para o ano 2007, cando se fixo este paseo), hai que entrar nun prado a esquerda e ir baixando ata dar na pista ancha, de terra, na que collendo á esquerda leva ao final deste paseo, Samagán, sempre á beira do Rego dos Cobos.