Trazado: Wikiloc
Concellos: Foz, Lourenzá
Lugares: A Espiñeira, A Cazolga, Vilanova de Lourenzá
Distancia : 17km
Para facer este paseo levamos un coche a Vilanova e o resto á praza da Espiñeira, fermoso lugar para facer a feira.
Desde alí subimos cara ao oeste primeiro e ao sur despois para enlazar coa ruta de San Rosendo, que vai dende Mondoñedo a Foz.
Este tramo vai bastante por asfalto, ten boas vistas do val do Masma, pasa a certa altura sobre a antiga central hidroeléctrica e discorre augas arriba ata chegar á Cazolga; xunto ao río hai un lugar adecuado para comer, ten mesas e baños públicos.
Para continuar hai que pasar a ponte e ir uns metros á esquerda para entrar por un camiño forestal que seguindo as marcas da ruta, leva sen problemas ata as primeiras casas de Vilanova.