mércores, 11 de abril de 2018

Marco da Pena Verde


Concello: Ribadeo                                                             
Parroquia: Arante                
Distancia: 17 km.

Percorrido Partindo da Igrexa de Arante, vaise pola rúa que atravesa o barrio de Cei para saír a estrada Arante – Remourelle, ao chegar a ela, un camiño pasa pola Porta do Santego e despois de cruzala estrada chega ao Camiño de Santiago, que se segue por riba de Remourelle ata o val de Vilamartín. Cando o Camiño baixa cara ás casas, o paseo segue recto, paralelo ao Rego de Porto Bragán, collendo os desvíos á esquerda para ir rodeando o pico Cadaval, ata chegar fronte ao Respaldón de Fórnea.         Unha senda no límite de concellos, leva a estrada Balboa – Fórnea, que atravesándoa uns metros á dereita, deixa ver o Marco da Pena Verde. Lugar de interese polo marco en si e pola amplía panorámica.
         Vólvese ao paseo, pola estrada, collendo o camiño, sempre á esquerda, seguinte ao que se trouxo, e por el báixase entre o que queda da fraga de Arante ata a estrada Arante – Vidal, nun punto moi próximo ao de partida, a Igrexa de Arante
Teresa Díaz Estévez