domingo, 8 de abril de 2018

Porzún Grandallá Seares



Concellos: Castropol, A Veiga                
Lugar: Porzún, Seares
Distancia:12 km
Transporte: FEVE empezando e rematando o paseo na estación da Veiga
Sinopse: No Concello da Veiga, arredor da Serra do Couso, que limita ao norte co Río de Seares e ao sur co Río Suaron. Da distancia total 9km son por pistas alcatranadas, de moi escaso tráfico, e os tres restantes por pistas de terra anchas, de fácil camiñar.

Percorrido:O paseo comeza na estrada de Piantón, saíndo de Vegadeo, dirección Oviedo, poucos metros á dereita despois de pasar sobre o Suarón.. Hai que subir, xunto á escola, seguindo as indicacións da ruta que vai a Tapia, que neste tramo coinciden coas do Camiño de Santiago. Pásase por Galea e Presa, lugares tranquilos, con amplas vistas panorámicas. 

Ao chegar a Río de Seares, queda á dereita un pazo con un blasón no que aparece un corazón,  lembranza do romance da Searila . Pasado o río sóbese entre as casas, sempre coa Ría de Ribadeo á esquerda, para, 300 metros mais adiante desviarnos á dereita por a estrada Vilavedelle – Seares. Ao chegar a Aldea, no cruce, subimos á esquerda, 100 metros, ata unha pista que sae á dereita para chegar, ao cabo de case 2km, á capela de Grandallana. 

Sobre este lugar pasa unha estrada que vai pola aba do Polvoreido,  e despois de deixar o desvío para Axelán á dereita, desemboca no val do Suaron. Á esquerda déixase  Arguiol, Presno e a Serra de Braña Jual, e cóllese á dereita baixando a Porzún desde onde se pode continuar baixando ao río, pero o paseo segue, sen perder altura, por Besedo e Viladaelle onde hai un castro que acredita a presencia de poboacións prerromanas, e remata na Galea desde onde se baixa ao punto de partida.
  Teresa Díaz Estévez