Lugar: Miou
Distancia: 13 km
Como chegar: Entrando á Veiga desde Galicia, pasado o río Eo, e pouco antes de chegar ao río Monjardín, hai que desviarse á dereita para subir a Miou.
Percorrido: Camiñando pola rúa principal cruzamos o pobo para atopar as primeiras indicacións do Camiño de Santiago: unha corredoira, á sombra de carballos e castiñeiros, que vai ao son do rego de Louteiro. Ao pasalo rego vemos as marcas do Camiño que seguimos, xunto ás da ruta do estraperlo que vai en sentido contrario.
Tras unha subida longa e suave chégase a estrada que vai a Folgueiras. Camiñando uns metros á dereita, atopamos outra estrada, a de Bustelo, pola que, á esquerda, baixaremos cara a Abres.
No camiño pasamos xunto ao que foi o castelo de Pebidal, veremos casaríos que conservan elementos propios do patrimonio arquitectónico galego, e a Igrexa de Abres, directamente relacionada con o Camiño. Desde aquí, entre as casas, continuamos baixando ata coller á dereita polo barrio da Mundiña , para regresar pola beira do río. Ao longo dos dous quilómetros seguintes pódense escoitar e ver as aves acuáticas a moi pouca distancia, ata chegar fronte a Couxela, onde o carreiro sube a Louteiro.
Sen atravesar o pobo, vaise á dereita en dirección ao río, a baixada é forte, continúase por a xunqueira seguindo as marcas dunha senda que leva ao núcleo de Miou.
Teresa Díaz Estévez