CONCELLO: O Franco
LUGAR: Arancedo. Andina
DISTANCIA: 14km ou 10 km
A visita ás covas está regulada pola Fundación Parque Histórico do Navia. Preme aquí para informarte
PERCORRIDO: O paseo comezará no lugar de “La Rebollada”, desde onde se baixa ao río Mazo para seguir xunto á súa beira ata a estrada de Arancedo, poucos metros á esquerda está o bar, e a continuación unha pista que entra á esquerda, por a que se irá ata o primeiro desvío, á esquerda, por o que se baixa, rodeando así a escola.
Aproximadamente un quilómetro mais adiante, onde atravesa un rego, entra un camiño, á esquerda que en catrocentos metros desemboca na pista que nesta ocasión á dereita, entra na estraña paisaxe.
A visita as covas dura media hora, trátase dunha explotación a ceo aberto, cunha orografía marcada por a erosión da auga para arrastrar o barro no que se atopaban as pebidas de ouro, e unha vexetación particular, totalmente autóctona. O lugar está preparado para recibir visitas, con escaleiras, cordas e un itinerario perfectamente marcado. A visita os martes é gratuita.
Feita a visita o regreso será por o mesmo camiño, tendo a posibilidade de rematar o paseo no bar de Arancedo, se previamente se deixou alí algún coche.
Teresa Díaz Estévez