domingo, 8 de abril de 2018

Samagán. Presno









Concello:Castropol


Parroquia: Presno
Distancia: 11km 
Sinopse: Transcorre ao longo do Rego dos Cobos, afluente do Suaron. Ten un desnivel de 250 metros e camíñase por pistas anchas e sen tráfico durante todo o paseo, agás 200m que hai que subir por un camiño de monte sen maiores dificultades.
Percorrido:Desde Ribadeo indo pola Veiga e Piantón pola estrada AS 22 chégase a Samagán, onde se collerá á dereita para deixar o coche nada mais pasar a ponte. Nese lugar arranca unha pista de terra, paralela ao rego, augas arriba. 

Pásase por Rondeiras onde hai un muíño restaurado, nun enclave no que as edificacións son de  pedra e madeira. O patrimonio  arquitectónico é un dos valores deste paseo.
 







Despois dun gran galiñeiro á dereita hai unha casa amarela, con curioso alumeado. Xunto á casa sube unha pista de terra, haberá que ir por ela e no cruce ir á esquerda, dirección leste, cara a unha casa de pedra.

 Uns metros antes da casa, subirase por un camiño antigo ata dar noutra pista de concentración parcelaria, na que colleremos de novo á esquerda, para ir ganando altura ata chegar á estrada asfaltada que vai de Vilar a Lanteiro.
Aínda que este lugar non chega aos 300 metros de altitude ten unha vista panorámica interesante. No asfalto séguese cara ao leste, pásase por Lanteiro e ao coroar La Arvedosá aparece, á esquerda, unha pista tamén asfaltada que atravesa un piñeiral e bifúrcase. 

Pola pista de terra, vaise ao lugar de Canedo onde volve a haber asfalto en dirección a Murias, nada mais pasar o río déixase a estrada para comezar o regreso por unha pista que sempre á beira do río, pasa por Veiga dos molíos e remata en Samagán.
                                                                                     
Teresa Díaz Estévez