xoves, 5 de abril de 2018

Costa de Foz




Trazado: Wikiloc 

Concello: Foz
Parroquias: Cangas, Nois, Fazouro, San Martiño,  e Foz
Distancia: 16 km
Transporte : FEVE
PercorridoO paseo comeza no apeadoiro de Cangas para ir cara ao mar, caendo á esquerda ata o campo de fútbol. Na costa, comeza o paseo marítimo en construcción cara ao leste,  pasa xunto a igrexa, vai por detrás de casa Selmira, e chega a desembocadura do Río Alemparte, que se salvará por unha ponte de madeira.
Na outra beira un camiño de terra entra ao son do río, rodea a depuradora e sube a unha zona residencial. Neste tramo, indo sempre á esquerda, hai unha pista asfaltada ata a praia de Xuncos, que en baixa mar se atravesa, saíndo no outro extremo por un acceso para esta praia e para a de Polas.
A continuación por asfalto, ao longo dun tramo, libre de edificacións, pero lixado, chégase ao antigo porto baleeiro de Nois  interesante e descoñecida a súa zona portuaria. Ten  grandes casas amuralladas, algún  pombal, vestixios das factorías de salgado e un rego sucio que baixa entre as casas,  sáltase por os penedos onde se xunta co mar, e hai que subir á gran mole de formigón: o porto, de curioso deseño. Unha pista de terra ata a praia de Area Longa, paralela á estrada,  que remata no Castro de Fazouro. Unha vez visitado, séguese por asfalto ata chegar cerca da desembocadura do Río Ouro, éntrase por el para cruzalo por unha ponte de ferro e saír baixo a estrada e o tren na Praia da Pampillosa,.
A continuación, por unha pista de terra sóbese ata unha ponte do tren, e nela vaise á esquerda cara ao mar. para rematar Fazouro, e empezar un paseo marítimo ata a praia de Llas. Neste punto se o tempo ou as forzas escasean,  pódese atravesar ao apeadoiro de Marzán. De continuar vaise á Praia da Rapadoira para entrar pola ría ata o porto, que se atravesa para subir cerca da estación de Foz, onde haberá que estar antes das 17:55.   
                                                                                   Teresa Díaz Estévez