Distancia: 13 km
Percorrido: Imos en bus, tal vez algún día na FEVE ata a entrada a Porto de arriba. Frente a marquesina vemos a boca do túnel. Percorremos o túnel, ida e volta, é o único accesible na data actual (agosto 2014) ; e iniciamos o camiño cara a Ribadeo por unha estrada asfaltada, paralela á N642.

Pola nacional hai que rodear a desembocadura do río grande ata a altura da ponte que foi do tren, alí entra un camiño que leva ao tramo mais interesante Reme – Os Guildeiros, que inclúe a ponte en curva de Rego da Viña. Na entrada unhas verxas dificultan o paso e na saída a maleza é o impedimento.

Nos Guildeiros a vía entraba nun túnel para saír nas Aceas, o camiño que leva á saída do túnel está impracticable así que desde os Guildeiros iremos polo monte cara a Palmeira onde podemos ver outro fragmento da vía ata achegarnos a un túnel, que foi aproveitado como almacén de escombro, impracticable, óbviase sen dificultad. Dende a Palmeira a Ribadeo o recorrido séguese con bastante coincidencia co trazado orixinal.
Pasa por O Treixo, A Fonte, A Pega, …. Entre a casa de Sela e a dos curas … Chega a estación …. A Lodeira, … As barreiras, …. O Cargadeiro.