Concello: Castropol
Distancia: 12,5 km
Transporte: Coche particular
Á entrada de Castropol, indo desde Barres, comeza un paseo pola zona comprendida entre a estrada e a ría. Vai tan próximo á auga como o terreo lle permite, camiñando así por lugares de gran interese, antes inaccesibles para o público. Chegando ao Esquilo hai que subir a unha curva, abandonada pola estrada actual, que baixa ata a o rego de Berbesa e sube aproximándose de novo á estrada para continuar ao interesante lugar da Linera.
Segue o paseo á beira da ría rodeando a enseada do muíño de mareas e sube ata un cruceiro, onde se vai cara á dereita e outra vez á dereita pasada a casa con invernadoiros, para iniciar o regreso por unha pista de terra . Sen variar a dirección pásase por Donlebún e a pista continúa atravesando a estrada e subindo, xunto a un piñeiral a desembocar noutra pista tamén de terra que forma parte da senda E-9.
Hai que xirar á dereita e seguir as indicacións desta senda que vai por riba do Gondán, baixa ao río e entre piñeiros sae a unha estrada asfaltada. Seguindo as marcas vaise ata un punto recomendado como vista panorámica e desde el báixase exactamente ao punto de partida.
Teresa Díaz Estévez