domingo, 8 de abril de 2018

As Figueiras



Concello: Castropol
Parroquia: As Figueiras
Distancia:16 km
Percorrido: Comézase na marxe asturiana da Ponte dos Santos, en San Román. Pola beira da ría pásase baixo a N-634 e atravesando un área de lecer, vaise sobre a Praia de Arnao ata a Punta da Cruz. 
Sobre os cantís, rodéase o Langosteiro e a Espiela, e pasado o campo de tiro, vólvese ao carreiro da beira do mar. Vénse os fosos dun castro xunto ao Salgueiro, pásase A Rubia e chégase á Punta do Corno ónde se atopa información sobre os vestixios doutro castro. Sempre á beira do mar chégase á Praia de Penarronda.         
Iníciase a volta atravesando o núcleo urbano de Villadún e cruzando de novo baixo a estrada para saír a Lois, desde donde se continúa ata o que foi o palacio dos Pardo de Donlebún (s XVII-XVIII). 
Por camiños bordeados de árbores báixase aos Muíños, onde hai información sobre o funcionamento dos muíños de mareas. Con a ría á esquerda chégase Ás Figueiras, para pasear polas rúas e rueiros, ver o Pazo dos condes de Trenor (s XVI-XVII) e rematar o paseo regresando a San Román.    
Teresa Díaz Estévez