Concello: Valdés
Distancia: 10 km
Tempo: 4 horas
Transporte: FEVE
Transporte: FEVE
Percorrido: Saíndo ás 11:30 de Ribadeo na FEVE, con destino Luarca, chégase a Luarca ás 12:55. Indo cara ao mar, visítase o centro de Luarca, e continúase ata a terceira praia, na que hai un carreiro que sobe en zigzag ata o alto do cantil.
Pola beira do mar vense camiñando cara ao oeste ata aproximarse á praia de Albarde. Logo de vela desde arriba, polo camiño do Taurán vaise a San Justo e a La Mata onde está o Parque de la vida ( http://www.parquedelavida.org/ ). Actualmente (2018) é o lugar adecuado para visitar as instalacións de CEPESMA, (http://www.cepesma.com ).
Desde La Mata pasando por Canedo quedan 2 km para chegar a Otur, donde haberá que estar antes das 16:55 para coller o tren de regreso.
Teresa Díaz Estévez