Concello: Burela
Lugares: Burela, O Cantiño, a Marosa
Distancia: 12km
Transporte: FEVE
Percorrido: Partindo da estación , camíñase en dirección leste, en paralelo á vía do tren cara ao lugar do Castrelo, zona de interés xeolóxico por ser onde conflúen os granitos do batolito de San Cibrao con as cuarcitas características da rasa cantábrica.
Esta confluencia provocou uns pregamentos, de singular beleza no lugar da igrexa de Coedo á que se baixa desde o paseo marítimo polo carreiro de serventía chamado Pasada das cabras.
Vista a zona, continúa o paseo polo camiño acondicionado, pasando xunto as Puntas das cabras, de Ancares, de Arca, Cabrouro, de Areoura e do Cantiño, chegando as Areouras, onde empeza o concello de Foz. Despois de 2800 m, chégase ao estremo leste do Concello, onde cambiamos o sentido do paseo, camiñaremos agora polo mesmo camiño, en dirección oeste, mirando con atención a costa e a súa morfoloxía.
Chegando a Burela baixaremos ao porto de carga para ver o lugar exacto no que coinciden ambas formacións xeolóxicas, é un tramo pequeno, moiafectado polos recheos para a expansión do muelle, pero de claro interés. Xa neste lugar nos asomaremos ao extremo do muelle para ver a zona do bolar, donde se podería chegar desde a igrexa de Coedo, pero con dificultade de paso.
Continuaremos ao oeste, o porto e o Portelo, vese cabo Burela e a continuación a praia de Reliño. O paseo continúa ata a Marosa, para volver sobre os nosos pasos ata a estación de Burela.
Teresa Díaz Estévez