Concello: Vegadeo
Parroquia: Meredo
Lugar: Molexón
Distancia: 9 km
Como chegar: En Vegadeo hai que entrar cara a Piantón para seguir en dirección a Meredo
Percorrido: O punto de partida e regreso é o a igrexa de Meredo, desde onde se baixará pola estrada ata a Ferrería de Meredo, nada mais pasar o río hai unha pista á esquerda, con un indicador no que se le Nafarea.
É estreita e está asfaltada pero a presenza de herbas nos indica o seu escaso tránsito.
Vaise por ela ao son do río ata chegar a outra tamén asfaltada e mais ancha, neste punto indo á esquerda, logo se chega a El Penedón e seguindo a dirección marcada polo Suarón crúzase sobre el no lugar chamada O Mazo Novo, desde onde se sube en dirección á Serra da Bobia par ano primeiro cruzamento coller á dereita e visitar Molexón.

Visto o lugar, vólvese sobre os propios pasos, unha estrada antiga en dirección a Meredo, que logo coincide coa nova, pasada a primeira curva desta estrada nova, entra un camiño, de dous metros de ancho, enmarcado por toxos que en suave descenso vai baixando coa auga, para saír á estrada a 500m da. Ferrería de Meredo.
Teresa Díaz Estévez