xoves, 5 de abril de 2018

Xuances



Concellos: Viveiro, Xove
Lugares: Faro, Illade, Xuances, Fontao, O Bargo, Pereiraboa
Praias: Area, Portonovo, Esteiro
Distancia: 11,5 km 
Transporte: FEVE
Percorrido: Saíndo da estación de Xuances, sóbese a unha estrada asfaltada, e vaise por ela á esquerda, hai camiños alternativos no monte, anchos e ben defendidos por penedos de granito pero con varios eucaliptos atravesados, por iso optamos pola estrada que vai cara a praia de Area, á que baixaremos.


Saímos da praia polo norte e seguimos o indicador da praia de Portonovo, o que nos levará ata o lugar de faro, onde se presenta a primeira das opcións. Para o paseo de 11km séguese cara a praia de Portonovo, para amplialo a 12,5 rodéase a península de faro, e aínda outra posibilidade é subir ao faro, donde a vista da boca da ría de Viveiro é un espectáculo.
Costeando vaise á praia de Esteiro, xa no concello de Xove, desde onde comeza o regreso no que atoparemos aparte da igrexa de San Pedro, uns núcleos de poboación moi pequenos, con grandes e fermosas casas acompañadas de cabazos, palleiras e outros alpendres, realizados en pedra e madeira, que so por eles merece a pena dar este paseo.
    


Chegando a Pereiraboa áo cabo de 8,5km está o punto de partida: o apeadeiro de Xuances e pódese rematar o paseo, ou ben continuar saíndo á esquerda polo indicador de Camba e camiñar en dirección a Acevedo, se ben ao chegar a este lugar, cóllese á esquerda por unha pista de terra que vai por Rocha, Lagüela e o Carballal, desde onde se vai a Xove para saír a estrada no lugar onde aparece o indicador de FEVE.
O regreso é no tren que chega a Ribadeo ás 18:35